xoves, 30 de abril de 2020

AULA LÚAS , XOGAMOS E BAILAMOS.

Ola Familias: 

   Unha semana máis imos novas ideas para xogar na casa. Neste caso recorremos a elementos que temos na cociña como as legumes ou a pasta. Con eles imos a traballar a clasificación e diferenciación de obxectos . 
Materiais que precisamos:
- 1 recipiente con legumes ou pasta mesturados.
- 2 recipientes para separalos de forma individual.
        
   O obxectivo da actividade é ir separando as legumes dos macarróns , colocándoos en envases diferentes tal e como se ve na imaxe. Pódense empregar materiais diferentes, fabas e bolas , botóns e macarróns,... Trátase de proporcionar ó/a neno/a unha ocasión para centrar a atención e observar as diferenzas dos obxectos.

O material pode variar. É preciso estar pendente do nen@ mentres realiza actividade.

    Neste tipo de clasificacións podemos incluír a cor  como elemento diferenciador, isto é ofrecemos ó  nen@ obxectos diferentes para separalo en función da súa cor. Uns exemplos deste tipo de clasificación están nas seguintes fotografías.


Estes son uns bos exemplos pero debedes adaptar a actividade ó material do que dispoñades.

    Para entreternos un pouco presentamos un xogo de dedos moi sinxelo que empregamos na clase para centrar a atención. Se o facemos antes de contar un conto preparade ós nenos para escoitar e atender. Este é o Xogo do Can e o Gato .



    E si queremos traballar un pouco coa música marcando un ritmo podemos empregar unha canción que tamén traballamos con ela na clase. A canción titúlase "En mi tribu"e a actividade consiste en marcar un ritmo cos pes , co corpo e si cabe cos algún instrumento de percusión. Para facelo podemos facer un recorrido ó redor dunha habitación , ou dunha mesa, unha alfombra,.. o que se poida. Aí vai un vídeo que ilustra un pouco este baile.




   A canción que da orixe a este baile podemos atopala en Youtube. E unha canción de Musicaeduca que se emprega con nenos máis maiores, pero a nós tamén nos serve.
     


Aproveitade o tempo e divertídevos moitos cos vosos nen@s!!

      


Ningún comentario:

Publicar un comentario