domingo, 18 de outubro de 2015

Os primeiros días dos nenos da aula dos Soles

Comeza un novo curso na aula dos Soles, o cal provoca nas crianzas e familias nerviosidade, ilusión, sorpresa, inquedanza... Mais, despois dun mes na escola xa estamos todos adaptados. Durante estos días coñecémonos, exploramos os obxectos e recantos da aula, gozamos coa música e cos contos. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!.  Aquí deixámovos unha mostra de todo o que fixemos durante estos primeiros días na escola.


Emprendemos un ano académico cheo de novidades que esperamos gusten tanto ós nen@s como ás familias. Finalmente dicir que agardamos con moitas ganas a chegada dos compañeiros que paulatinamente iranse incorporando a nosa aula. 

venres, 16 de outubro de 2015

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO!!

Neste mes de setembro cumpliron dous anos xa, Bruno, Izan e Diego. Soamente podemos publicar unha fotografía do cumpleanos de Diego, xa que cando foron os de Izan e Bruno ainda non comenzaramos o curso. Felicidades aos tres!!!!


mércores, 14 de outubro de 2015

COMENZAMOS UN NOVO CURSO!!


Superado xa o período de adaptacion (na maioria dos casos), estamos a comenzar este novo curso 2015-16 cheas de ilusión e con moitas ganas de traballar cos vosos fill@s.