martes, 31 de marzo de 2015

PASCUA!!!!

Nestas datas na escola fanse actividades relacionadas coa época de Pascua: ovos de Pascua, coelliños, etc. Mirade canto traballaron as estrelas estes días...


pintaron con moito coidadiño os tubos de papel..


dsifrazáronse de coelliños de Pascua...


e coa axuda da súa mestra Helena, fixeron estes fermosos cestiños de Pascua !!!

luns, 16 de marzo de 2015

"EU TEÑO ALGUÉN" MARIA FUMASA

 "EU TEÑO ALGUÉN"  é outra das cancións que tanto nos gusta de Maria Fumasa, do seu libro CD/DVD "Xiqui, xoque, fiu fiu".
 No videoclip os nenos e nenas que o protagonizan, signan a canción (empregan a lingua de signos);  na aula das "Lúas", Andrea ensinounos a signar os días da semana, e ainda que é moi dificil, estámolo intentando. Polo menos os nenos entenden que hai outra forma de comunicar, diferente á fala, que hay persoas que non poden falar, polo motivo que sexa, e  que, coas súas mans poden expresarse e comunicarse cos demais.
Pinchade no seguinte enlance:

"EU TEÑO ALGUÉN" María Fumasa

martes, 10 de marzo de 2015

Aniversarios de Febreiro: Parabéns!!

O mes de febreiro estivo repleto de aniversarios. Na aula das "estrelas" celebraron o seu 2º aniversario: Paula e Diego, Michael, Enma S., Mohamed e Pedro, FELICIDADES A TODOS ELES!!




Aniversarios de Xaneiro: Parabéns


Na escola infantil, os aniversarios celebrámolos nas aulas de cada pequen@: todos xuntos sopramos as velas da tarta e compartimos as golosinas ou doces que traen as familias dos homenaxeados.
É un día moi especial para o nen@ que está de aniversario, el ou ela son os protagonistas absolutos.

O pasado mes de xaneiro cumpliron 1 aniño: Lucía e Jimena, dous aniños: Manuel e 3 aniños xa: Sergio. FELICIDADES A TOD@S!!!!