xoves, 28 de outubro de 2021

ANIVERSARIOS CLASE DAS NUBES

 ANIVERSARIOS NA CLASE DAS NUBES NO MES DE SETEMBRO E OUTUBRO

 

     Co comezo do novo curso 2021-2022 na clase das NUBES atopámonos cunha chea de aniversarios.🎉🎉🎇🎇🎇🎇 Varios amigos celebraron o seu primeiro aniversario no mes de setembro e outubro. Resulta moi difícil facer unha celebración durante o periodo de adaptación . Aínda así non quixemos deixar pasar ese día tan importante para nenos e familias sen un detalle especial. A coroa de aniversarios serviunos de atrezzo para unha foto de recordo. Cantamos o cumpleanos feliz e aplaudimos moito. Co paso das diferentes celebracións de todos os compañeir@s os neno@s irán entendendo  o significado da celebración

 PARABÉNS PARA TODOS 

NORABOA THAIS!!💖💖

 

 
                        
                  A SIMÓN GUSTOULLE MOITO A COROA

                   
                               

1 ANO PARA JOEL!!

 

    

    
          O SEÑOR OSO ACOMPAÑA A LEO 

 

     
ADELA SÍNTESE MOI BEN COA SUA COROA E
CO SEU PRIMEIRO ANO. 



 
                     
                  IRIS NON ENTENDE MOI BEN QUE PASA. 
ALEGRÍA GUAPA!!

               


Gústanos moito as celebracións e a alegría que compartides con nos na Escola.

Gracias e Noraboa a todos os premiados con este primeiro ano.

venres, 22 de outubro de 2021

AULA DAS NUBES 1-2 ANOS

     A aula das NUBES da  Escola Infantil está a iniciar un curso novo. Algúns nenos xa coñecen o Centro do curso pasado pero outros están a vivir esta nova experiencia. O proceso de adaptación á Escola precisa de paciencia e tempo. Para algúns nenos resulta máis fácil que outros. Durante estes primeiros meses buscamos coñecernos todos e adaptarnos mutuamente para poder estar mais tranquilos e contentos. 

    Estamos a experimentar cos xoguetes , con obxectos, con espacios e incluso cos outros nen@s. Precisamos instaurar unhas rutinas e uns novos ritmos de xogos, descansos, hixiene , sono que faciliten o  xogo e a actividade no Centro. 

    Estamos despegando esta viaxe todos xuntos: profes e nen@s . Seguro vai ser divertida. 

    Ensinámosvos algúns exemplos das actividades que estivemos realizando.

O xogo e a exploración individual é moi importante





                          


Pero tamén empezamos a "relacionarnos "con outros compañeir@s





Por momentos comezamos a atender a un conto nun grupo grande



Esperamos que sigades a nosa viaxe  durante este curso na Escola. Seguro que vai ser entretida e interesante. 
Ata pronto









venres, 15 de outubro de 2021

Primeiros días na aula das Lúas



Boas familias !

    Despois dun mes de moitos cambios, aquí estamos, adaptándonos ás rutinas da aula e desfrutando cada día cos compañeiros e da escola.

    Levamos a cabo diversos xogos e pasámolo en grande coa VENDIMA !🍇

    Aquí vos deixamos un resumo deste primeiro mes de setembro, esperamos que vos guste tanto como a nós!

Unha aperta !







!



 

mércores, 6 de outubro de 2021

Pinceladas dos primeiros días na clase das Estrelas

Boas familias, logo dun mes de cambios, inquedanzas e emocións contrapostas (choros, medo, inseguridades, etc.), vamos collendo ritmo....!!! Puidemos levar a cabo propostas de xogo diversas, coas que gozamos moito (p.e. a Vendima). Velaquí vai unha síntese deste primeiro mes do Curso 21/22, esperamos que vos guste xa que isto acaba tan só de comezar..😍🌟🌟.👦👧🍇🍇👦👧🍇🍇🌟🌟😍