venres, 9 de marzo de 2018

PINTAMOS CON XEO

Pintar é unha actividade moi requerida pol@s pequen@s, pero pintar deste modo, convírtese en toda unha experiencia. Traballamos as cores, a creatividade e a estimulación sensorial.
Xa xogaramos un día da semana pasada con xeo, e comprobamos que estaba frío , que molla o derreterse porque se converte en auga....
Pero para que fose aínda máis divertido, fixemos un experimento. Primeiro tintamos a auga coas catro cores primarias: azul, amarelo ,vermello e verde.








Unha vez tintada a auga , metémola en cubiteras, puxémoslles uns pauciños e a esperar a que se conxelase.
O día seguinte, cando xa estaban conxeladas, desmoldamos os cubitos e deixamos voar a nosa imaxinación, plasmando con gran creatividade un orixinal mural para a aula.




xoves, 1 de marzo de 2018

Quen estivo de aniversario en febreiro? Bótadelle un ollo...

Que longo foi este mes de febreiro e iso que é o máis curto do ano....! Fixemos unha morea de cousas na escola: gozamos do Entroido, festas, talleres, disfraces e demais actividades globalizadas e de experimentación. E por si non era pouco o que fixeramos, tamén tivemos un feixe de aniversarios neste mes de febreiro. 

Na clase dos soles estiveron de aniversario Marco e Irene que cumpriron o seu primeiro ano; na aula das estrelas os que celebraron foron Manuel, Valeria e Hugo. Por último, na aula das lúas, Xoán, Xabi e Adrián Búa xa teñen os tres anos. Un total de 8 rapaces estiveron de aniversario... Que ben, o tempo voa!!!












Qué frío!!!!

Toca traballar a segunda estación do ano, "o inverno".  A profe ensinounos prendas de vestir típicas desta estación, ademáis estamos aprendendo unha canción e unha poesía sobre o inverno. Premede na seguinte imaxe para poder visualizar o vídeo.



Pero o que máis nos gusta é experimentar. Primeiro déronnos uns cubitos de xeo, un a cada un, para que comprobásemos o frío que estaba, que nos fixaramos en como se derretía ( experiencia de sólido a líquido).




Ata nos atrevemos a probalo




Para seguir con novas sensacións, xogamos con espuma de afeitar, simulando a neve. É moi bo que @s nen@s manipulen moitas texturas  e teñan sensacións diferentes e variadas. É unha actividade moi atractiva para eles e elas, xogar coa espuma de afeitar simulando a neve pois non a temos no noso medio máis próximo.








Pasámolo xenial, queremos repetir !!!!!