martes, 29 de decembro de 2020

Aniversarios Decembro

 Para rematar este ano..., no mes de decembro estiveron de aniversario: Lucas G. que fixo o segundo aniversario, e máis Erik, Hugo e Borja que xa teñen o seu primeiro ano. Moitos parabéns nenos!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Tamén queremos desexarvos un feliz novo ano 2021 familias👪💓💓💓




mércores, 2 de decembro de 2020

Aniversarios de setembro e novembro

Bos días a todas e todos!!!!! Comezamos a cumprir aniños na Escola, é ben certo que este ano facémolos doutra maneira por mor da COVID. Pero pasámolo igual de ben coa nosa tarta, cantando cancións de aniversario e soprando as candeas, porque sen celebralo non iamos a quedar. Velaquí van os aniversarios dos cativos que naceron en setembro: Unai, Saray e Celia, e en novembro, Lois e Nagore (das nubes) e Mateo e Julia (da clase das estrelas). MOITÍSIMAS FELICIDADES RAPACES!!!💗💗💗💖💖💖