luns, 30 de novembro de 2015

OUTONO BONITO, FOLLIÑAS NO CHAN.....


Todos os anos cando chega o tempo de outono, pedimos a colaboracion dos pais e nais para elaborar un "RECUNCHO DE OUTONO" e como sempre a resposta foi increible

mércores, 25 de novembro de 2015

A FESTA DA COR VERMELLA

O venres , día 6 de novembro, todos viñemos vestidos cunha prenda de cor vermella ó cole. Tíñannos preparada a "Festa da cor vermella".

Fixemos un mural con obxectos e imaxes que tivesen esta cor.



martes, 24 de novembro de 2015

A NOSA PRIMEIRA SAIDA DO CURSO

O  pasado xoves,19 de novembro, fixemos a nosa primeira saída deste curso 2015-2016. Estábamos moi emocionad@s, mirade que cariña tiñamos, esperando agarradiños á cordiña, para sair pola porta.




Fumos ó parque que está preto da Escola infantil, moitos de nós xa vamos asiduamente coas nósas familias, pero ir cos compañeiros é algo diferente.....




Do parque acercámonos á "pista", que se arreglou despois de adecentar o pabillón vello, Alá fomos, outra vez enganchadiños á corda, facendo un tren, cantando......


Alí xogamos coas pelotas, votamos unhas carreiras. sentámonos un pouco a descansar nas gradas...... fixemos un pouco de todo.



  E cando xa nos apretou a fame, regresamos á Escola a  merendar para recuperar forzas despois de toda enerxía que derrochamos.
     
  



¡¡¡¡ Volveremos outro día !!!!!

martes, 17 de novembro de 2015

CHEGOU O SAMAÍN


Fai uns días vivímolo Samaín na Escola INFANTIL. fixemos de todo, a nósa cabaza, abrímola e vaciámola, a uns gustounos máis ca outros, pero foi toda unha experiencia.







   Pintamos pantasmas,¡uuh!,pero os nosos eran dos bos, pois eran "pantasmas sorpresa" (levaban unha chocolatina), fixeronnos antifaces.....Sí, pasámolo de medo.





luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO






O pasado venres, celebramos por primeira vez un magosto de "verdade" na Escola e invitamos ás familias para compartir con elas esta festa tan nosa.
Durante a semana, nas aulas traballamos moito para preparar este día tan especial.


xoves, 12 de novembro de 2015

O OUTONO NA CLASE DAS LÚAS




   O outono chegou á nosa aula, unha estación rica en cores, matices, olores, por iso nos plantexamos observalo, descubrilo, a través dos sentidos,talleres,actividades,poesías...
 
  @s nos@s pequen@s artistas pintaron ás súas árbores de outono,fixeron recolecta de follas para unha das árbores e para a outra pintaron as folliñas.





                                               

    Para que puidesen vivir a transformación da paisaxe otoñal fixerono a través da manipulación e experimentación dos productos de outono que nos trouxechedes a Escola Infantil para facer o recuncho de outono, aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasaron.





                           

xoves, 5 de novembro de 2015

 SAÚDOS DENDE A CLASE DAS “ESTRELAS”




Xa rematou o mes de outubro, co seu período de adaptación ben completo. Agora estamos iniciando  o curso coñecendonos uns os outros e buscando os nosos ritmos. Temos moita paciencia e imos pasiño a pasiño. Estamos seguros de que o cariño e a confianza axudará moito a nenos e maiores.



De todos modos xa comezamos a facer actividades en grupo a observar o entorno con todalas follas do outono e a choiva. Fixemos unha minicalabaza por Samain, ademáis de xogar a meter sustos con pantasmiñas UUUh!!! .










Sabemos que a todos nos gusta moito cantar e bailar.  A música vai acompañarnos en moitos xogos e actividades, tanto con “Polbo”, a nosa mascota como con outros moitos. Temos rutinas; saudamos cantamos, contamos ós amigos, cantamos a canción dos días da semana,…. Si queredes escoitar esta canción aquí vai unha axuda, pincha abaixo no icono de play. ( Na nosa clase cantámola en galego, pero en castelán tamén serve.)