mércores, 22 de abril de 2020

AULA ESTRELAS!!

Ola familias, desexamos que todos vos encontredes ben e con moitos ánimos.

Hoxe a nosa proposta para os cativos/as  é a seguinte: que vos parece ter de axudantes aos vosos pequenos? 
Estamos seguras de que a eles/as encantaralles facer convosco as tarefas do fogar: limpar, tende-la roupa, baleirar a lavadora, varrer, fregar....
Podedes animar aos vosos fillos a colaborar convosco nas tarefas diarias (sempre adaptándoas ao seu nivel de desenvolvemento): queres axudarme? queres facelo ti?
O importante é darlles a oportunidade de facelo. Deste xeito estaremos ofrecéndolles a nosa confianza  o que contribuirá a fortalecer a súa autoestima, sentíndose capaces e orgullosos tanto por realizar a tarefa en cuestión como de poder axudarvos.
É importante que lle ensinedes como facer as cousiñas, pero non corrixíndoos, xa veredes como pouco a pouco vano facer mellor.

Algunhas das tarefas cotiás que podedes compartir con eles son: varrer, fregar, rega-las plantas, cortar cun coitelo seguro algúns alimentos para face-la comida, tende-la roupa, baleirar ou encher a lavadora, seleccionar os cubertos, etc.




O conto que propoñemos esta semana é "Todo el mundo va" Coleccion Luciérnaga da editorial Edelvives.  Esta versión de Sara Iglesias é moi divertida, gústalles moito cando llo contamos-cantamos.


canción:

Por último, que vos parece se xunto cos pequenos facedes un sinxelo instrumento musical?




Imaxinades xa como vai a cousa: abrimos a caixa de queixiños, facemos un buratiño para pasa-lo mango da culler e a fixamos ao interior. Atamos os cordóns á culler e atamos as contas aos extremos. Por último cerramos a caixa con cinta adhesiva.
Para finalizar decoramos o noso instrumento con gomets, papeis de cores, teas....
Estamos seguras que lles encantará aos pequenos!!!

Para rematar, unha canción: "O tío Nicanor".
É unha canción moi alegre, que invita a bailar. Na letra aparecen numerosos animais que seguro non coñecen, podedes buscar imaxes destes animais e ensinarlles como son.


Ata a vindeira semana, moitos biquiños e abrazos
As profes
Lara e Andrea


Ningún comentario:

Publicar un comentario