xoves, 30 de xaneiro de 2020

ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO

NOVAS FESTAS E CELEBRACIÓNS .
      No mes de xaneiro dous nenos estiveron de cumple na nosa Escola : Julia e Victoria. Son dúas nenas da clase das LÚAS. As dús cumpriron tres anos. Son as máis veteranas da clase e xa se lle nota un aire de nenas maiores, máis maduras, con reflesións complicadas, con maior capacidade de obsevación e atención. Nesta etapa a diferencia no mes de nacemento implica moita diferencia no desenvolvemento. Pero todos han seguir avanzando que non levamos presa.


Noraboa Julia!!, que iniciou as nosas festas de Xaneiro

Bo sorriso Victoria!!

                                                    PARABÉNS PARA AS DÚAS!!!

"POMBIÑA DE CORES"



PAZ, que concepto tan dificil de comprender para nenos e nenas tan pequenos, verdade?
Na nosa escola traballamos a paz como convivencia tranquila, como respeto polos demais, como afecto, amor, como traballo en grupo, como colaboración, como ledicia...
Todas as plumas que decoran a pomba foron feitas polas familias, con todo o seu ben facer e a súa implicacion, sempre dispostos a axudar.
Os pequenos/as aprenden desta actividade en colaboracion coa familia, que xuntos podemos facer cousas ben fermosas  e ao final esta é a súas aprendizaxe de PAZ.