mércores, 7 de outubro de 2020

Primeiros días na clase das nubes

 Bos días familias! Non o parece pero xa hai un mes que comezamos esta aventura... Os primeiros días foron bastante duros xa que separarse dos seus vínculos principais de apego é algo que xera moita inseguridade, tanto para os e as que xa estaban matriculados/as o ano pasado como para os novos/as cativos/as. Malia que houbo berros, choros e demais; cada vez estamos máis a gusto.... Velaquí vai un resumo dalgunhas cousiñas que fomos experienciando este mes:xogamos coas madeiras, ensertamos aneis, xogo heurístico, cesto dos tesouros, construcións, contos, etc. Unha morea de cousiñas!







Ata a vindeira entrada familias!!!!