luns, 20 de abril de 2020

AULA SOLES: RECURSOS MUSICAIS (arrolos e xogos musicais no colo)

Bos días familias! Como vades indo? Dende a Escola esperamos que todo estea o mellor posible e vos envíamos o noso ánimo. Para comezar coas propostas desta semana, dende a AULA DOS SOLES imos a falarvos da música e a súa importancia no desenvolvemento integral desde as primeiras etapas, e niso centraremos as propostas desta semana, nos recursos musicais para os máis pequenos.

Como ben é sabido, o mundo está rodeado de música e dádevos conta que dende o cuarto mes de xestación o feto escoita, e todos os afectos e emocións lle chegan en forma de son.

Os primeiros anos de vida son cruciais para establecer as conexións neuronais necesarias e a música é un elemento indispensábel para conseguilo. Ademais, a voz humana é o mellor instrumento que temos de maneira natural e xunto con arrolos ou xogos corporais, axudan ós bebés a conectar o son cos afectos e emocións e co mundo social.

A nosa primeira proposta, trátase dos XOGOS MUSICAIS DE COLO que se tratan  de cancións tradicionais con movementos, como facían as nosas avoas ou avós, que teñen como finalidade a estimulación musical pero tamén o establecemento de vínculos socioafectivos. 

Nos dous primeiros vídeos que veñen a continuación, amósanse cancións que podedes facer cós máis pequenos a modo de xogo. E seguidamente, nos enlaces que aparecen despois móstranse repertorios de máis cancións para podedes facer na casa, seguro que a maior parte delas as coñecedes de cando erades pequeniños.







Outro dos recursos dos que vos imos falar, son os ARROLOS. As cancións de berce, tamén chamadas nanas ou arrolos, son cancións con un ritmo moi tranquilo, suave e relaxante, que se empregan para arrolar a un bebé e para axudalo a durmir ou a tranquilizarse; e colateralmente tamén estimulan cognitivamente.Existen numerosos estudios que din qué o ritmo monótono das nanas é similar ós latidos do corazón e por iso relaxan e calman, así mesmo, a frecuencia cardíaca dos bebés diminúe mentres as están escoitando igual que o seu ritmo respiratorio.



Na aula dos SOLES empregamos recursos musicais para momentos de tranquilidade ou durante o sono. Unha mostra deles son os seguintes CDs: "Arrolos de Salitre" (Xabier Díaz e Guillerme Fdez.) e "Non hai berce coma o colo" (Kalandraka). Teñen cancións moi bonitas que serven de grande axuda e algunhas elas dos repertorios tradicionais, son unha ledicia!! A continuación os vínculos onde podedes atopar as cancións destes CD's:


CANCIÓNS DE ARROLOS DE SALITRE (todo o repertorio) e como mostra de unha delas:


E unhas das nosas preferidas, a canción do CD "Non hai berce coma o colo" que ten como título Arrolo de Domaio


Algunhas das cancións deste CD podedelas atopar no Youtube, ou ben na propia páxina da editorial Kalandraka (premendo no seguinte enlace: Vídeos musicais Kalandraka)


Agardamos que estas propostas musicais sexan de axuda e ofrezan un recurso de utilidade para vós no voso día a día nas casas. Ata a vindeira entrada, unha aperta dende aquí ata a lúa!!! BICOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario