mércores, 8 de agosto de 2018

DESPEDIDA!!

Remata o curso e no nome do equipo educativo, queremos agradecerlles ás familias a súa colaboración en tódalas actividades das que os fixemos partícipes,  por confiar en nós e demostrarnos cada ano, que a nosa profesion-a profesion mási fermosa do mundo-  ten moito sentido, que coa colaboración deles, traballando todos a un, o camiño é mais doado.
E sobre todo queremos darlle as GRAZAS AOS NENOS E NENAS por tanto:
por regalarnos os seus sorrisos, abrazos e bicos diarios, polos seus descubrimentos,  por poder acompañalos nos seus pequenos e non tan pequenos logros, e tamén, porque non, polo seu consuelo nalguns días nos que nós tamén o necesitamos: grazas de corazón.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!!

VOLTAREMOS O VINDEIRO CURSO!!

COMO QUEREMOS AOS NOSOS AVÓS!!!

Ao rematar xullo, adicámoslles unha xornada aos avós e avoas dos nosos nenos: queriamos que coñecesen o que facemos na escola un día calquera e compartir con eles xogos, musica e bailes.
estas son algunhas das fotografías que fixemos durante a xornada, mirade: