luns, 13 de abril de 2020

AULA SOLES- O CESTO DOS TESOUROS

Boas familias!!!

Dende a AULA DOS SOLES, propoñémosvos un recurso para os máis pequenos e co que eles gozan moito, o cesto dos tesouros. É unha proposta de xogo creada por Elinor Goldschmied (1981) que consiste en meter nun recipiente que teñades por casa (cesta, paneira, bandexa, caixa,...) unha serie de obxectos cotiás de diferentes materiais (madeira, metal, tea, da natureza,...). 

OLLO! Debedes ter coidado de non introducir cousas pequenas, con aristas, puntas, desmontables ou que sexan cortantes. Se lembrades a listaxe de material do cesto que se vos entrega ó comezares na escola, eses son os materiais que podedes empregar, se cadra aínda a tedes pola casa e podedes botarlle un ollo.

Senón deixámosvos ideas sobre que cousiñas podedes meter nos cestos: cunchas, pedras, buginas ou "caracolas",  piñas, esponxa natural, froitas (limón, laranxa, maza, coco, cabazas,...), culleres de madeira ou metal, caixas pequenas, pelotas de lá, cepillo de diferentes cousas (unllas, zapatos, dentes...),  moldes de galletas, xogos de chaves, latas cerradas con legumes dentro, maracas ou outros instrumentos musicais, funda gafas, moedeiro de tea ou metal, brochas (maquillaxe, repostería, pintura,...), tapas, coadores, anacos de teas, bolsas con herbas aromáticas, tubos de cartón (papel hixiénico ou de cociña), morteiro, tapas de tixolas, flaneira, botes de leite,… Poidendo ser evitar obxectos de plástico.

MULTITUDE DE OPCIÓNS COMO PODEDES VER, E O MELLOR, COUSIÑAS QUE SE TEÑEN POLA CASA.



Trátase de unha proposta de xogo libre, onde os que xa poden sentarse poidan estar ó carón do cesto. Pero para aqueles máis pequenos e que non se sentan por si mesmos, estes obxectos en vez de metelos nun cesto, os deixamos pola alfombra esparexidos, e poñemos ó cativo nela, con isto fomentamos o movemento libre e que a curiosidade os invite a moverse activamente polo espazo, estimulando movementos motores positivos para a súa autonomía.

Pin de AykaZayka Güney en Treasure basket | Lactante, Paneras ...

Primeros Juegos: el Cesto de los Tesoros

En definitiva, PARA XOGAR NON SE PRECISAN XOGUETES! Esperamos que vós guste esta proposta, no seguinte vídeo podedes ver un exemplo da actividade. Ata a vindeira entrada familias, moitísimos bicos a todos e cada un de vos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario