luns, 25 de xaneiro de 2021

Máis cousiñas da clase das nubes...


Moi boas familias!!!! Xa facía un tempiño que non subiamos ó blog,  pero velaquí vai unha pequena mostra do que fixemos este comezo do segundo trimestre. Esperamos que vos guste...


Apertas💓💔💕

xoves, 7 de xaneiro de 2021

FELIZ NADAL 2020-21!!!!!!!!!!!!!

Chegou o Nadal e ainda que sexa todo moi distinto ao que acostumamos, van ser uns días especiais.

Os nenos e nenas disfrutan deste tempo do ano, todo é moi fermoso para eles e cheo de fantasía. Así que non perdamos a ilusión do Nadal e con todas as precaucións, fagamos que sigan sendo especiais para os pequenos.

Este curso, a felicitacion de Nadal, chega en forma de panxoliña "buscando unha estrela" (Tino Baz). No video cantan e bailan os nenos maiores, pero nas demais clases tamén colaboramos có video traballando a canción; polo que todos os nenos e nenas da Escola o elaboramos para felicitarvos as festas con todo o agarimo.

🎄🎅🎊🎉FELICES FESTAS FAMILIAS!!!!🎉🎊🎄🎅

                                 

Papá Noel vistou a nosa Escola. Andaba un pouco apurado porque veu un día antes de Noiteboa,noite de maior traballo para el. Entón fixonos unha visita rápida dende a ventana. Así tampouco impresionou tanto a aqueles nenos máis sensibles e asustadizos. Aparcou o seu trineo máxico no aparcamento dos coches polo que non vimos os renos nin os regalos e dou un paseo ó redor da Escola saudando a todos os nenos.






Á maioría dos nenos gustoulles moito, pero, sempre hai algún ó que non lle gusta ver a Papá Noel. Como este ano é e foi tan diferente, en vez de deixarnos un regaliño para cada un, optou por traer un conto de Nadal para cada clase, e puidemos gozar da súa lectura nese día tan significativo.


Outra das cousiñas feitas nestas datas, foi un obradoiro de elaboración de galletas de manteiga, por mor de que este ano as familias non podían traer doces típicos do Nadal, xa nos encargamos na Escola de que nese día tamén íamos poder gozar dun doce. ESTABAN BOÍSIMAS!!!!! SOMOS UNS REPOSTEIROS FENOMENAIS!!!





Elva, Andrea R., Lara, Andrea V., Fany e Elena.