xoves, 28 de maio de 2020

AULA LÚAS: PARABÉNS PARA OS ANIVERSARIOS

    Ola familias:

     Dende este blog hoxe queremos felicitar a todos aqueles nenos que cumpliron anos durante este periodo de pandemia sen escola. No noso centro tentamos transmitir unha emoción especial ó dia do aniversario de cada neno/a. Ese é o día de sentirse protagonista especial.
     
    Para estes nenos da aula das Lúas que cumpliron anos durante os meses de abril e maio , MOITAS FELICIDADES  e todo o noso CARIÑO.

Parabéns Antía



Son tres anos para José antonio .



Moi ben  Anxo, parabéns!!

Noraboa Ángela!!

Bravo por Anibal!!


 O cumpleanos máis recente en celebración foi o de Julene que sabemos estivo moi contenta no seu día especial. Parabéns Julene, aínda que sexa sen foto.





    Aproveitando o tema dos aniversarios podemos recordarvos un conto moi divertido e que gusta moito ós nen@s: Que llega el lobo. Na escola ás veces mediante unha traducción espontánea convertémolo en  Que chega o Lobo!, pero a historia en galego ou castelán, segue a ser a mesma.



   
     Gozade con este conto e os vosos nen@s!!
ATA PRONTO




mércores, 27 de maio de 2020

AULA ESTRELAS, IMOS A PRAIA!!!!

Bo día familias!

Pensando na boa temperatura que temos estes días e a cantidade de areais que hai o noso arredor ocurréusenos facervos propostas  moi divertidas para por en práctica nas praias.

                                    


Aproveitando para dar un paseo podedes dicirlle os vosos nenos e nenas de recoller cunchas pola praia. Cando teñades unha boa manchea podedes xogar a seleccionar e facer varios montóns; grandes e pequenas, lisas e rugosas, distintas cores... o que se vos ocorra. Incluso podedes xogar a facer distintas formas con todas como o corazón da foto.
Logo, debemos ensinarlles aos nenos e nenas que as cunchas deben quedar na praia que é a súa casiña para non alterar o hábitat natural.


Xogo da ancla: chámase así porque teredes os pés enterrados na area preto da auga. Haberá que esperar un anaco ata que as olas vaian descubrindo os pés e gañará o que aguante con eles máis tempo agochados. Podedes xogar de pé ou sentados para estar máis fresquiños.


Aos nenos e nenas que lles guste esta sensación de enterrarse de area podedes probar con algunha parte máis do corpo, con medio corpo ou co corpo case enteiro. Aos que lles gusta dalles gustiño o calor da area e gústalles desenterrarse. Se sodes varios podedes facer concursos de quen se desenterra máis rápido.


Outro xogo con auga serían intentar encher un caldeiro coa auga que se transporta coas mans. Podedes poñer un caldeiro cerca da costa e intentar enchelo o máis rápido posible. Se sodes dous ou máis podedes facer equipos con dous caldeiros. O que antes enche gaña!



Por útimo, unha búsqueda do tesouro. Alguén da familia pode agochar algún utensilio ou xoguete mentres o resto espera cos ollos pechados. Logo dando pistas os demais membros deberán atopalo!


Sen dúbida, a praia ten moitos recursos para os nenos e nenas a todos os niveis; sensorial, psicomotor, psicolóxico.... todos moi beneficiosos para eles. Dende o contacto con distintas texturas e temperaturas (area, cunchas, auga...), á relaxación que produce a brisa do mar e o escoitar as olas romperse na costa ate o camiñar pola area mollando os pes e experimentar as sensacións de camiñar pola area mollada e pola area seca.
É un contacto directo coa natureza do noso entorno que lles soe gustar moito.

Recordade que sempre se deberá acudir a praia nas horas de menos calor, evitando a franxa horaria de 12:00h a 17:00h. Con moita protección solar e con un parasol e gorro sería o ideal. E evitando levar aos nenos e nenas menores de 6 meses.

Para rematar, deixámosvos un contiño: Pancho en la playa!


Boa semana familias! Ata a próxima entrada. Esperamos vernos moi pronto! 
Botámosvos de menos!

martes, 26 de maio de 2020

AULA NUBES

Ola familias! ¿Qué tal estades?. Na entrada de hoxe propóñovos crear unhas LUVAS SENSORIAIS. A estimulación sensorial busca, ante todo, fomentar ó máximo tódalas áreas do desenvolvemento, dende a física e emocional, pasando pola da linguaxe e cognitiva. A entrada de información do entorno prodúcese mediante o sistema nervioso, a través dos sentidos, os cales responden con esas sensacións e percepcións.
A estimulación sensorial por medio dos 5 sentidos é unha práctica altamente recomendada para nen@s de tódalas idades. Os beneficios da estimulación sensorial son:

  • Potencialas relacións positivas entre iguais e co adulto.
  • Provocala exploración, a interacción, o movemento e a comunicación.
  • Mellora a coordinación e a concentración.
  • Estimula o pensamento lóxico.
  • Promove a comunicación no verbal.

Para elabora-las nosas luvas sensoriais precisamos luvas de látex e para o recheo pasta, plástico, pompóns, azucre, fariña, sal, arroz, garavanzos....o que se nos ocorra. Simplemente con un funil vamos metendo os recheos  e atamos as luvas cun nó firme.
Fomentamos moitas cousas sobre todo a estimulación táctil, permitindo que @ nen@ explore libremente. Traballámo-los conceptos duro e brando, e ata a discriminación auditiva porque algunhas luvas ó darlle golpeciños, como as dos garavanzos, fan sons.




Que gocedes moito con estas actividades baratas e sinxelas de facer. Moitos biquiños.

luns, 25 de maio de 2020

AULA SOLES- Máis recursos manipulativos: PANEL E ARO SENSORIAL

Bos días familias!!!! Agardamos que tiverades unha boa semana... Nesta entrada, propoñémosvos dende a CLASE DOS SOLES unha actividade sensorial, xa que como vos dicimos en diferentes entradas, é unha das fontes primordiais de aprendizaxe nestas primeiras idades, e máis aínda nos bebés. Ademais seguindo a liña de ofrecervos tarefas sinxelas con cousiñas que se teñen pola casa, a suxestión de hoxe consiste na elaboración de dous recursos: UN PANEL SENSORIAL e un ARO MANIPULATIVO.

Para facermos o panel sensorial é preciso: 


  • Un anaco de cartón ou unha caixa de cartón duros.

  • Tapas de paquetes de  toalliñas de bebé.

  • Celo extra forte de dobre cara.

  • Pistola de silicona ou outro tipo de pegamento que sexa forte.

  • Texturas varias:  velcro de ambas caras, lá, papel de aluminio, papel de burbullas de embalar, cordóns, cintas,  pompóns de cores,  gomaeva, esteira, feltro, botóns, cordóns,... OLLO! Coidade sempre que non sexan moi pequenos para non atragoarse ou que se despeguen con facilidade. Procurade ofrecerlle diferentes tactos: áspero, suave, rugoso, liso,...

  • Poden meterse imaxes ou fotografías (animais, membros da familia, obxectos cotiás, deles mesmos,...).

  • 30 ideas para reutilizar las cajas de toallitas de bebé - La voz ...

    327 mejores imágenes de LACTANTES | Lactante, Actividades para ...
    Unha vez finalizado o panel podemos decorar as tapas das toalliñas e o cartón con pinturas ou diferentes tipos de papeis ou cintas adhesivas "washi-tape" para que sexa máis visual para os nosos nenos e nenas.

    Dependendo da mobilidade do neno poñeremos o panel no chan ou pegado a unha parede, da forma que sexa máis accesible para eles. A continuación deixámosmos un vídeo onde se visualiza como se fai este recurso.
    Outra das propostas trátase dun aro manipulativo e sensorial, para xa cando sosteñen a cabeciña e se manteñen boca abaixo por eles mesmos. Facelo é ben doado só se precisa:
    1. Un aro ou "hula hoop".
    2. Lá ou trapallo para forra-lo (con diferentes cores e texturas).
    3. Materiais diversos que colgarlle ou colocarlle: cintas, culler, coador, cascabeis grandes, aros, teas, xoguetes,...O QUE QUEIRADES, TENDO EN CONTA SEMPRE O DE QUE NON SEXA PERIGOSO (pequeno, cortante, tóxico,...).
    Sensory hoop DIY baby | Juguetes para bebé hechos en casa ...

    DIY: Aro sensorial · iammamas· Maternidad al cuadrado


    Estas son as propostas para os pequenos da aula dos soles, esperamos que vós gustasen moito e que as poñades en práctica. Ata a próxima entrada familias!! BOTÁMOSVOS MOITÍSIMO EN FALTA!

    xoves, 21 de maio de 2020

    AULA LÚAS: Eiruga de cartón para pasear e canción sobre o corpo.


    OLA FAMILIAS:
       
       Dende a casa seguimos a pensar en todos vós. Como xa saímos todos a pasear á rúa, ó campo ou onde poidades propoñémosvos elaborar un compañeiro de paseo para o voso nen@. Todos tendes xoguetes na casa moi bonitos e divertidos pero a construción dun xoguete propio é especial. Os nenos senten a implicación e a preocupación polo proceso dende  os adultos que o acompañan e gozan moito do período de tempo da construción e logo tamén do xoguete. É un xoguete propio e especial. IMOS CONSTRUIR UNHA EIRUGA CON ROLOS DE PAPEL XIXIÉNICO. Os rolos de papel é un material básico que nunha casa con nenos sempre podes aproveitar.
       
        Neste caso imos precisar o seguinte material:


    • Tubos de cartón 
    • Pintura de cores
    • Fío de lá ou cordel similar.
    • Pegamento
    • Rotulador 
    • Dous ollos, poden ser botóns , debuxos de ollos...
    • Dous anacos de limpiapipas ou arame para as antenas.
         Para comezar pintamos os rollos de papel das cores que queiramos. Podemos suxerir facer unha serie, isto é collemos dúas cores e imos alternado, por exemplo azul, amarelo,azul, amarelo...
    Para os nosos nenos é mais doado empregar só dúas cores. 

        Cando xa estean secos  facemos un burato que atravese de lado a lado o rolo . Podemos empregar un lapis ou un desaparafusador. Polo burato imos introducindo o fío de xeito que se unan todos os rollos, deixando un nó ó final e un anaco grande que sirva para tirar por el onda a cara do gusano. Para decorar a cara empregamos os ollos, as antenas e pintamos a boca co rotulador.  Xa está lista a eiruga para ir pasear!!
    Seguro que andamos moito.



       As cancións e a música deben ter sempre un momento na vida dos nosos pequen@s. Así o vivimos e o disfrutamos no noso Centro.

    Dende aquí imos compartir con vós esta canción que serve para recordar as partes do noso corpo. Podedes ampliar as estrofas añadindo as partes de corpo que vos queirades. Pedídelle ós nenos que nomeen mais partes para aumentar a canción






    ATA PRONTO FAMILIAS. 

     XOGADE, CANTADE E 
    LEDE MOITOS CONTOS!!!

       
        

    mércores, 20 de maio de 2020

    XOGAMOS COA AUGA. PARTE I

    De tódolos materiais naturais cos que poden xogar os nenos e nenas, un dos máis versátiles e que máis lle gustan é sen dúbida a AUGA. Ademais de xogar coa auga na hora do baño, hai moitas outras actividades que podemos integrar no día a día en situacións ben distintas.

    A auga é un elemento que empregamos en moitas actividades cotiás: cociñar, limpar, aseo persoal e nas que os nenos gústalles participar.

    Algunhas das posibilidades de xogo e experimentación que podemos propoñerlles son:

    TAREFAS DOMÉSTICAS DE LIMPEZA REAIS OU SIMBÓLICAS
    Son moitas as tarefas domésticas que implican o uso da auga e nas que poden participar os pequenos: frega-lo chan, lava-los pratos, rega-las plantas, limpar unha mesa , uns cristais.....

    É moi positivo deixarlles limpar aínda que sexan moi pequenos xa que se atopan nestas idades  na etapa do xogo simbólico (xogar a ser, xogar a facer). O obxectivo é que experimenten e síntanse partícipes das actividades que realizan os adultos, aínda que o resultado a nivel de limpeza por suposto  non se acade.


    LAVAR UNHA PRENDA DE ROUPA NUN BARREÑO 
    Outra das tarefas que podemos deixarlle facer aos pequenos, agora que xa vai bo tempo, é lavar unha prenda de roupa, uns trapiños vellos ou roupiña dos bonecos.

    Podemos ensinarlle como facelo e deixar que o intente, estamos seguras de que lles encantará.


    PINTAR CON XABRÓN NUN ESPELLO
    Podemos ofrecerlle un recipiente con auga enxabonada que faga espuma e unha  esponxa para pintar o espello.

    Esta actividade seguro que lles parece moi interesante, especialmente si pode facelo cun espello grande que lle permita verse.

    PINTAR PEDRAS CON AUGA
    Se temos pedras grandes no noso xardín ou recollémolas nunha das nosas saídas á natureza podemos ofrecerllas xunto cun pincel e un cacharriño con auga. Xa veredes como lle encanta!!!


    BAÑAR BONECOS E LAVAR AS SÚAS ROUPIÑAS
    Bañar os bonecos pode formar parte do xogo simbólico do que falabamos antes. Podemos converte-lo nunha fermosa actividade proporcionándolles uns anacos de toallas, un xoguete pequeno, un peite, unha esponxiña...

    Deberemos presentándollo de xeito atractivo e lúdico.

    XOGOS DE TRASVASE
    Este é un dos xogos máis entretidos e co que mais gozan os pequenos. So temos que ofrecerlles un recipiente grande con auga e envases de todo tipo (co bico ancho, estreito, grandes, pequenos, transparentes, unha culler,  un coador,  un embude, unha xerra, tapóns de botellas ...). Serán eles mesmos os que proben, enchan, baleiren, comparen, etc. 

    Sorprenderavos o nivel de concentración dos vosos pequenos!!!.


    Moitos biquiños💓💓💓
    As profes
    Lara e Andrea

    martes, 19 de maio de 2020

    AULA NUBES

    Ola familias! Para hoxe tráiovos uns xogos feitos con material de reciclaxe. 
    O primeiro xogo chámolle DERRUBA A PIRÁMIDE. Para isto temos que reunir latas de conserva, de leite en po, envases de iogures e decoralos ó voso gusto. Crearemos unha pelota con papel de aluminio, papel de periódico, unha bola de plastilina ou calquera pelota que teñamos pola casa. E xa temos un superxogo!. Só hai que facer unha pirámide coas latas ou envases, afasta-lo nen@ e anima-l@ a apuntar e derribar. Traballámo-la puntería, o control da forza, as distancias e a coordinación de movementos.






    Que vos parece se agora facemos  un sinxelo XOGO DE BOLOS. Só necesitamos unhas botellas de plástico e imaxinación. Podemos decora-las botellas segundo un motivo, a primavera por exemplo. Neste caso pintaremos  cabalos do demo, bolboretas, xoaniñas, flores...






    As botellas tamén as podemos encher con papeluchos de cores e decoralas con cinta adhesiva, ou encher con auga e colorante alimenticio.





    Espero que o pasedes ben con estas propostas. Moito ánimo e ata a semana que ven.

    luns, 18 de maio de 2020

    AULA SOLES- Como estimular a fala nos meniños?



    Bebés que tardan en hablar, cuando debemos preocuparnosBoas familias! Como estades tod@s? Esperamos que todos esteades ben.... Dende a CLASE DOS SOLES vamos a ofrecervos unha serie de recursos e consellos para estimular  a fala dos bebés, que sempre é unha inquedanza que se ten e sodes moitos os que nos consultades cómo facer para axudarlles coa linguaxe. Antes de nada, destacar que aprender a falar é un proceso instintivo e natural, porén os adultos poden axudar. Estimular ao neno desde que emite os seus primeiros balbucidos ata que é capaz de pronunciar as primeiras frases é fundamental para o desenvolvemento lingüístico do pequeno. A linguaxe como ferramenta de pensamento superior axuda o desenvolvemento da intelixencia, análise, comprensión da realidade, relacións sociais, resolver problemas, expresión de emocións, etc.

    CONSELLOS PARA ESTIMULAR A 
    LINGUAXE

    Noticias de estimular a tu bebé - Diario de Mallorca1) Fálalle ao bebé mantendo contacto visual, mirándolle aos ollos, nun ton suave, vocalizando (deste xeito aprenderá a  discernir os distintos sons do idioma) e variando a entoación.

    2) Usa  onomatopeas, fala "como o bebé" (baby- talk ou  motherese), repite frecuentemente palabras e frases, xa que a repetición axúdalles a fixar covas conexións lingüísticas.

    3) Le contos con el, mentres "les" ou lle nomeas os obxectos cotiáns, xoguetes, comida, animais, cores... Nunca é pronto para ler co bebé, xa que se trata dunha experiencia enriquecedora para ambos, sobre todo con libros ilustrados que estimulen os seus sentidos, que recoñezan figuras, cores, animais... e ao mesmo tempo aprendan aos poucos a nomealos. É unha maneira de fomentar a "lectura" temperá, no que se coñece como antes dos dous anos como "lectura emerxente": é unha primeira toma de contacto co texto impreso, comezando por diferenciar debuxos e obxectos das grafías, coñecer que ambos se relacionan entre si...

    4) Aumenta a túa expresividade cando lle fales, lle cantes ou lle leas... 

    5) Cántalle  nanas, cancións infantís ou as túas cancións favoritas, que o van a relaxar ou a divertir se se acompaña dun baile. Cantarlle ao bebé ten múltiples beneficios para ambos e non só na linguaxe infantil, para iso podedes ver diferentes entradas nestes últimos dous meses sobre recursos musicais que se fixeron.

    Para mi esposo: en un mundo donde todos reciben elogios, eres ...6) Xoga moito co teu fillo, xa que é o mellor modo de fortalecer o vínculo e non deixes que utilice a miúdo xoguetes electrónicos. Xoga coas palabras, nomea todo o que utilizades nos vosos xogos, deixa que toque a túa garganta e os beizos mentres lle falas... e a aproveita calquera ocasión para falarlle: ensínalle as partes do corpo mentres lle facer caricias ou o vistes, os alimentos no supermercado...

    7) Axúdalle a exercitar os músculos do fala: quítalle o  chupete, cambia o biberón polo vasiño, permite que coma sólidos cando se introduza a alimentación complementaria (e non só papas), xa que ao  mastigar poñemos en marcha múltiples movementos implicados na articulación dos sons da linguaxe.

    8) Responde ás súas primeiras comunicacións antes das palabras. O bebé xa "fala" na súa mente antes de pronunciar as primeiras palabras e vaise a comunicar cos seus pais sorrindo, sinalando, gritando... É importante responderlle, coa mirada, co sorriso e con palabras (que queres?, queres ese xoguete?, iso é un can, aí vén mamá...).

    9) Por suposto, tamén cando chegan as  vocalizacións e a pre-linguaxe hai que interactuar. Respóndelle cando faga os seus primeiros sons, xa que estes primeiros "diálogos" son moi importantes. Imita os seus sons para animarlle a repetilos. 

    XOGOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE
    • O tradutor de sons: un bo exercicio para que o pequeno aprenda a discriminar os sons e relacióneos coa linguaxe é facer de tradutor de sons. Para iso, o adulto debe traducir coa palabra correspondente os sons e ruídos cotiáns que se producen de forma habitual, como o timbre da porta, a lavadora ou o teléfono. Tamén se poden utilizar os da rúa: unha sirena, asubíos, un can ou coches. E os da natureza: un paxaro, o vento, a choiva, etc.


    • Onde estou?con este xogo pódese ensinar aos máis pequenos a localizar a orixe do son. O adulto pódese ocultar en distintas partes da casa e emitir un son desde o seu agocho. Tamén se pode facer esta actividade coa axuda dun xoguete sonoro.


    • Saca a lingua! Unha boa idea para traballar a motricidade labiolingual é dicirlle ao pequeno que a súa cara é unha casiña, na que os ollos son xanelas, o nariz o timbre, a boca a porta e a lingua un amigo que está dentro dela. Este xogo permite adestrar os movementos. Para iso, hai que pedir ao neno que chame ao timbre, abra a porta e que deixe saír (e volver entrar despois).
    Juegos para estimular el habla del bebé
    • Imos soprar: para aprender a articular ben as palabras, o neno debe exercitar a respiración e tamén aprender a compasar o ritmo da mesma. Un bo exercicio para iso é xogar a soprar pompas de xabón, teas,  etc.


    • A orquestra: este xogo permite relacionar a linguaxe xestual co oral a través dos sons. Neste caso, será a música a que estimule a fala do neno. O adulto ensina ao pequeno os diferentes sons dos instrumentos musicais á vez que realiza o xesto que lle corresponde (simula que os toca). Así, o tambor será pon, pon, pon, a trompeta pa, pa, pa e a guitarra ran, ran, ran. O pequeno debe identificar cada xesto e responder coa onomatopea correspondente.

    QUE DEBEMOS EVITAR...


  • Interromper ao neno cando quere expresarse, nin terminar as frases por el para acelerar a conversación, nin tampouco adiantarnos a súa expresión.

  • Corrixirlle cando articule mal unha palabra. É mellor introducir o termo de forma correcta de novo na conversación.

  • Os pais son o principal modelo lingüístico para o neno. Por iso hai que coidar o propio vocabulario e evitar utilizar unha linguaxe infantilizado co pequeno (p.e. guau-guau en vez de can, ou ben, tete polo chupete).



  • Aquí deixámosvos dous vídeos con máis xogos e consellos para estimular a fala de maneira doada e positiva.


    Hasta a vindeira entrada familias, esperamos que estes recursos vos sexan moi útiles nestes días.... MOITÍSIMOS BICOS PARA TODOS VÓS!!!!!!!!

    xoves, 14 de maio de 2020

    AULA LÚAS, PSICOMOTRICICDADE NO PASILLO E LOGO IMOS DE PASEO

    Ola familias: 
       
      Dende a clase das LÚAS volvemos a saudarvos a todos!!!
      Esta nova proposta de actividades está relacionada co movemento. Os nen@s precisan acción durante a maior parte do seu día. É necesario para a súa evolución física e cognitiva. Na nosa casa podemos organizar unha pista de psicomotricidade básica pero moi efectiva. So precisamos un corredor ou pasillo ou calquera zona longa para ter espazo suficiente, cinta de carroceiro para pegar no chan e unhas cantas instrucións para movernos por ela.  Con estas fotos podedes facervos unha idea do proceso.










       Ademais das instrucións que se ven nas fotos tamén podedes "andar en crequenas (cuclillas)", "en zigzag", "cara adiante e cara atrás", "gateando","imitar unha rá ou un elefante".... Botádelle imaxinación.


        Neste tempo que xa podemos saír da nosa casa, pero aínda no podemos ir ó cole podemos organizar un paseo a busca das cores no noso entorno. Trátase de proporcionar ó nen@ unha baralla de cartas de cores. Son anacos de papel de diferentes cores. Podemos facelos pintando papel branco coas cores que queiramos.

    A nosa baralla das cores. Podemos engadir as cores que queiramos

        Así con esta baralla na man xa podemos sair á natureza a identificar as cores que coñecemos ou aprender outras novas. Agora na primavera é moi fácil pois as flores proporciónannos unha ampla gama de cores diferentes. Debemos potenciar que os nen@s se fixen nos cambios e no colorido que temos agora na natureza. Afortunadamente todo está vibrante e brillante!!.




    Verde coma a herba
    Vermello coma as fresas



    Amarelo coma o limón


    Rosa como estoutras flores

    Azul coma o ceo. Ups!  Hoxe non está azul. 

    Si, esta billa ten a cor azul!

          Con esta idea realizaredes un divertido paseo estimulando ós pequenos a que se fixen no entorno e nas súas cores. Teredes que buscar algo que sexa de cada unha das cartas da vosa baralla. Mellor se son da natureza. Seguro que haberá moitas mais cousas que observar e indicarlle ós nenos.


        Como remate deste día podedes escoitar ó grupo Migallas Teatro, tan querido na nosa escola con esta actuación con dúas conto-cancións preparado de xeito especial para o confinamento.



       
          Bicos e apertas para todos de parte da nosa Escola!!!