xoves, 23 de abril de 2020

AULA LUAS

Ola familias:

   Unha semana máis dende a casa estamos a realizar recomendacións para os vosos xogos cos nenos. É moi importante dedicarlles un tempo de atención e xogo cos nenos, todos os días. Eles senten que son importantes cando preparamos actividades para eles. 
    As veces os materiais máis sinxelos e comúns resultan novos para os nenos e polo tanto atraen a súa atención. Neste caso imos aproveitar algúns materiais de refugallo para unha actividade de atención e motricidade fina.

    MATERIAL A EMPREGAR:
   - Bandexas plásticas dos alimentos, realizarémoslles uns buratos cun taladro ou un cravo quente.
   - Anacos de lá, ou cordel dunha medida aproximada de 40 cm. Para usalos necesitamos facerlle un nudo ben gordo nun extremo e  pegarlle un pouco celo no outro extremo.
    - Espaguetes ou palliñas.

    OBXECTIVO DO XOGO
    Os nenos han de introducir os fíos polos buratos das bandexas a modo de costura. O resultado ás veces é un zurcido moi bonito, outro é unha pequena lea pero o esforzo do neno/a sempre é moi interesante.  no caso de empregar os espaguetes ou as palliñas so se trata de introducilas polos buratos das bandexas a modo de bandeiriñas.
   Aí van unhas fotos para ilustrar o proceso:

Anaco de la ou cordel
Bandexas
Espaguetes e palliñas
        
 Resultado con espaguetes e palla
Zurcido final.
   Despois desta actividade tan concentrada podemos propor un baile animado. Este que vai a continuación xa estabamos a ensaialo na clase. Era unha posible actuación de cara á xornada de Fin de Curso. Podedes ensaiar cos nen@s na casa. É moi fácil. Axudádelle e así bailaremos todos xuntos cando volvamos á Escola!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario