venres, 25 de novembro de 2016

EXPERIENCIAS DE OUTONO NA CLASE DAS LUAS

     Durante o mes de novembro estivemos avanzando no noso ritmo de experiencias. Para celebrar o Samaín  ambientamos a nosa clase con pantasmas , xogamos a pequenos sustos, disfrazámonos con sábanas e  vaciamos unhas cabazas para decorar a nosa exposición de OUTONO
Comezamos a tarefa moi concentrados. Vaciamos a cabaza cunha culler.
Foi preciso maña e forza para sacar pulpa e pipas.

Ollos , nariz e boca contenta foi o que decidimos para a cabaza amarela. Era casi máis divertido volver a introducir os cachiños polo burato dos ollos.
A cabaza laranxa era máis grande!!!
Esta cabaza xa veu preparada da casa
Continuamos a observar  como queda o interior.
A cabaza amarela recibiu un bocado para comprobar a que sabe.
    Para observar directamente as características do Outono programamos unha saída ó bosque pero a choiva non permitiu esta excursión . Só se salvaron os nenos da tarde. Con eles disfrutamos dun paseo moi ameno


Recollemos follas secas

Escoitamos o son que producen as follas ó andar por riba delas
Tomámonos o noso tempo.
 E logo paramos un pouquiño no parque




luns, 21 de novembro de 2016

PROXECTO COMÚN: ÁRBORE DE NADAL

Ola familias:

Achéganse as datas de Nadal, e o noso proxecto común é elaborar entre todos, familia, pequenos e educadoras da escola unha gran árbore de nadal.

Este ano pensamos en reciclar obxectos que temos polas casas e aos que xa non lles damos uso. Queremos construir unha grande árbore de Nadal con CDs vellos, inservibles, que decoraremos para a ocasión. Polo que, cada familia deberá aportar ao proxecto un CD (polo menos, poden ser tantos como queirades!!!) DECORADO PARA FORMAR PARTE DESA GRANDE ÁRBORE.

Deixade voar a IMAXINACIÓN!!!

IMPORTANTE: O PRAZO MÁXIMO PARA ENTREGA-LOS CDs DECORADOS É O VENRES 2 DE DECEMBRO.


Coma sempre, grazas pola colaboración

venres, 18 de novembro de 2016

MAGOSTO, MAGOSTO


O pasado mércores celebramos na Escola Infantil o Magosto.
Preparamos nas aulas as nosas castañas,

É un traballo grande: primeiro temos que pintar a castaña, logo enrugar papeis de xornal e enchela para despois poder colgala e que a vexades todos!!!
, cantamos cancións do magosto (Rap do Magosto. Brinca vai)




 preparamos os cestiños para leva-las castañas para casa


 e ata fixemos un TRAGACASTAÑAS para xogar.




FOI UN DÍA DIFERENTE PARA DISFRUTA COAS FAMILIAS E PASÁMOLO MOI BEN!!!!!


mércores, 2 de novembro de 2016

Samaín na clase das Nubes

Celebrámo-lo Samaín na Escola Infantil e @s nen@s da clase das nubes xogaron con bolsas sensoriales.
Unha das bolsas estaba chea de xel vermello e arañas, outra tiña xel verde e ollos móviles e a última tiña xel laranxa e simulaba unha cabaza enfadada.......Terrorifico!!!!!




As bolsas estaban ben precintadas e aseguradas para evitar accidentes.


Chegou a hora da actividade: miraron, tocaron, fixeron un recoñecemento dos elementos novos para eles. Pronto se centraron na cor que máis lle chamou a atención, ou a textura.... e deixamol@s explorar.




Despois dun rato de experimentar tocando cousas blandiñas de xel e sorprendéndose cos obxectos escondidos, o seguinte paso, coma sempre, foi levar as bolsiñas á boca.






Intentamos buscarlle o lado divertido a esta festa.......

 FELIZ SAMAÍN @S MEUS MONSTRUIÑ@S!!!!