luns, 20 de marzo de 2023

Apertura prazo de solicitude de novo ingreso na EIM de Meaño para o curso 2023-24

Boas familias, dende o 16 de marzo ata o 16 de abril, ambos incluídos, ábrese o prazo para solicitar praza de novo ingreso na Escola Infantil Municipal 0-3 anos do Concello de Meaño.

Na seguinte ligazón tedes dispoñible o modelo oficial de solicitude: http://www.concellodemeano.com/docs/files/noticias/2023/SOLICITUDE%20NOVO%20INGRESO%20ESCOLA%20INFANTIL.pdf

´


Saúdos

martes, 28 de febreiro de 2023

Paseniño, paseniño.... o alumnado da clase das lúas continuamos o noso camiño🌛🌚🌜

Embarcade connosco, os 🌊🦜🎭🌚🌜PIRATAS🌛🌚🎭🦜🌊 da clase das lúas!!! e mirade todo o que fixemos dende a anterior entrada. Foron moitas as propostas pero a que máis tempo abarcou foi o Entroido, que como acostumamos gozámo-lo moitísimo....

Como nos gusta facer, resumimos todo nun vídeo para que as familias poidades ver o que ocorre de portas para dentro da aula. Agardamos que vos guste!💗💓

luns, 16 de xaneiro de 2023

Seguimos percorrendo novos traxectos🎅🎆🎄🎈🎉🌙

Na clase das lúas seguimos ó noso, que non é máis que xogar e experienciar, e mentras imos aprendendo. Nestas datas, como non, gozamos moito de festividades que nos apaixonan como é o Nadal, os Reis,... ademais de moitas outras propostas. Velaquí vai unha pequena mostra do que fixemos nun vídeo!! 🌜Apertas🌛