venres, 15 de xuño de 2018

CHARLA A ERGONOMÍA POSTURAL


Este pasado martes 12 de xuño, na Escola Infantil Municipal 0-3 anos do Concello de Meaño tivemos unha magnífica charla sobre ergonomía postural. Grazas ó Concello que solicitou a intervención de profesionais na fisioterapia do centro, próximo á escola, Exerfisium (Dena) puidemos aprender sobre o desenvolvemento psicomotor na etapa, a etapa do gateo, o emprego correcto do porteo, cadeiras, andadores,...  E tamén moi importante, consellos sobre como ter unha hixiene postural en beneficio futuro da saúde dos cativos.  

Na actualidade por mor das présas, non somos conscientes da importancia da postura corporal en cada momento dos nosos días, se ben é certo esta aprendizaxe corporal debe traballarse dende as idades máis temperás, como ben nos indican os profesionais da saúde. E nos, desde a Escola queríamos ofrecer unha aportación ás familias para o benestar dos seus fillo/as.

A continuación, se premedes nas seguintes ligazóns podedes ollar as presentacións sobre o tema.


CHARLA ERGONOMÍA POSTURAL DOS NOSOS FILLLOS/AS

O EMPREGO DOS TENTENENOS E ANDADORES