mércores, 8 de abril de 2020

AULA ESTRELAS

Bós días familias, antes de comenzar a entrada desta semana, gustaríame compartir con vós unha  reflexión: nós non sabemos de vós e como o estades a pasar, se seguides a traballar  ou teletraballar dende a casa, se alguén da vosa familia estao a pasar mal, se os pequenos estan ben (desexamos que así sexa), se tedes acceso a internet na casa... por todo isto, o primeiro que queremos comunicarvos é  que a intencion das nosas publicacións é facilitarvos ideas para facer cos pequenos, non seguir unha programacion de aula ou de curso. Non queremos que o vexades como unha obriga, vós sabedes o que necesitan os vosos fillos/as nestes momentos, moito cariño principalmente. A nosa intención é ofrecervos recursos, aportar ideas para que no caso de non saber que facer en determinados momentos poidades recurrir ao blog para ollar as nosas suxerencias.

Deixando clara a nosa intención, que soamente é poñervos as cousas doadas, colaborar con vós na distancia,  decirvos que botamos de menos aos vosos fillos, porque son parte importante das nosas vidas, pasamos moito tempo con eles e son moi importantes para nós. Moitos ánimos, pronto volveremos a compartir con vós o día a día. 

Dende a aula das "estrelas" decirvos que os recursos que compartimos con vos son coñecidos polos nenos e desfrutan moito xogando e facendo estas actividades con nós e pasarano tamén moi ben con vós.

A canción desta semana tamén é coñecida por eles, é moi enérxica e alegre e gústalles moito, o seu titulo é HOLA, HOLA, CÓMO ESTÁS



Nesta canción aparecen accións como saltar, aplaudir... unha boa idea é que inventedes estrofas da canción ampliando as accións: pintar, comer, correr...


Por outra banda, como actividade de expresión plástica a nosa proposta para esta semana é a seguinte: Pintamos con esponxas

MATERIAL QUE NECESITAREDES:

  • Esponxa
  • pinzas da roupa
  • pintura
  • papel, cartón, cartolina....


É unha actividade sinxela pero aos pequenos gústalle moito.

Para traballar a motricidade e control corporal propoñémosvos a seguinte actividade: Xogamos a encestar

QUE NECESITAREDES:

  • Unha canasta: pode ser calquera recipiente grande (caixa carton, papeleira, cesta da roupa...)
  • Pelotas: se non tedes pelotas na casa podedes facelas vós mesmos (con papel de periódico ou de cociña, con papel de prata envolvendo calquera cousa brandiña como un calcetín e incluso podedes empregar os rollos de papel hixiénico)

Pelotas/canasta #canasta #pelotas #Pelotascanasta

Por último, estas son  a nosas propostas de canción e conto para esta semana:

Esta cancion, "dime que fixeches" de Migallas teatro, é unha canción moi divertida, vai acumulando personaxes que eles/as coñecen moi ben. 


Como despedida o conto:
Xunto con outros títulos, que coñecen moi ven os pequenos como "Lúa", "Crocodilo" ou "Miau" da colección Do berce á lúa, da Editorial Kalandraka, "Animales" é un novo título da mesma, é moi chulo, xa veredes.



MOITO ÁNIMOS FAMILIAS!!!
Profes Lara e Andrea



Ningún comentario:

Publicar un comentario