martes, 7 de abril de 2020

AULA NUBES

Ola familias! Como o levades? Aquí dende a clase das nubes outra semana máis mándosvos moito ánimo e unhas pequenas ideas para que estes días se fagan máis liviáns.

As actividades que vos propoñemos hoxe son para traballar a psicomotricidade fina. Ésta refírese a aqueles movementos que requiren máis destreza, precisión e habilidade que ningún outro tipo de movemento, pois require maior dominio e control, especialmente de mans e brazos. O desenvolvemento da pinza dixital de movementos finos é o que facilitará, máis adiante, a grafomotricidade.

Estas son algunhas actividades coas que podemos traballar a psicomotricidade fina na casa:






Trasnvase en botella: proporcionarlles @s cativ@s unha botella ou garrafa na que terán que enchela con pasta, garavanzos, fabas,...






A botes de plástico ou cartón facerlles uns buratos e enchelos de lazos de diferentes tamaños para que poidan tirar deles.


Tamén se pode facer o mesmo cunha caixa de cartón e podemos variar ou intercalar limpiadores de tubaxes ou "limpiapipas".



Para rematar aconsellarvos un conto que lles encanta @s nen@s cando o contamos na escola, espero que na casa teña o mesmo resultado.



Nada máis por hoxe,que vos divirtades moito con todo o proposto e xa sabedes para a semana traerémosvos máis ideas.

Un bico,
Helena García



Ningún comentario:

Publicar un comentario