luns, 27 de xuño de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO

FESTA DE FIN DE CURSO


Ola familias:
Remata o curso e imos celebralo cunha grande” FESTA DE FIN DE CURSO “, este vindeiro  XOVES 30 DE XUÑO.
Durante a xornada os nenos e nenas disfrutarán de talleres temáticos e de moitas sorpresas que temos preparadas especialmente para eles.
Logo dos talleres teremos unha merenda e arredor das 12:30 esperamos ás familias dos que xa rematan este primeiro ciclo da Educacion Infantil para acompañar aos seus fillos/as nun acto de “graduación”, onde terá lugar unha actuación dos pequenos e a entrega de orlas.
TODOS OS NENOS/AS DEBERÁN ESTAR NA ESCOLA ANTES DAS 10 DA MAÑÁN.


Contamos coa vosa presencia.