xoves, 15 de decembro de 2022

Chegou o Nadal  á clase dos soles!!!

O Nadal é un dos momentos máis epeciais do ano, sobre todo para @s máis pequen@s. É unha época chea de bos momentos, reunións familiares, vacacións para algúns, e moita pero moita ilusión e sobre todo de máxia.

Todo cambia de aspecto, dende os nosos fogares, rúas, tendas. Reina un espíritu moi especial, o espíritu do Nadal. @s nos@s seres querid@s reúnense aproveitando a ocasión para festexalo con ceas e comidas moi especiais. 

¿ Que enseñanzas nos trae O Nadal? Tódalas celebracións teñen un sentido. As actividades sensoriais realízanse ó longo de curso, na Escola Infantil, xa que sempre lles proporcionan @s pequen@s o poder de experimentar e descubrir cos seus sentidos o mundo que lles rodea, realizar máis conexións neuronais e, sobre todo, son actividades que lles encantan e gozan moito en tódalas idades.

 Coas actividades sensoriais @ nen@ aprende grazas a toda a información que lle chega a través dos 5 sentidos. A estimulación adecuada favorece a súa curiosidade natural e a súa necesidade de explorar o entorno fará que desenvolvan habilidades motoras a nivel físico e mental.

 




O obxectivo destas actividades sensoriais do Nadal é que @ nen@ comece a explorar con deferentes materiais, que normalmente están fora do seu ámbito, diferentes texturas, sons e sensacións, que manipulen diferentes formas, tamaños, pesos, e sobre todo, que se acheguen e vivan O Nadal.

venres, 18 de novembro de 2022

Os primeiros pasiños das Lúas🌜🌛🍁🍂🍄

Boas familias, fixémonos un pouquiño de rogar, pero agora que estamos adaptados perfectamente á Escola, ímosvos amosar as propostas que tivemos na clase. Como non, o outono sempre está moi presente, malia facerse esperar este ano, puidemos gozar de tan abraiante estación do ano. Esperamos que vos guste esta pequena mostra... Por certo a música do vídeo tamén nos encanta!!!

luns, 1 de agosto de 2022

Aniversarios xuño

 No mes de xuño, comeza o verán e con él tivemos 5 aniversarios: Ayman, Thiago e Pablo da aula das lúas; Álvaro P. das estrelas e Leo da aula dos soles. Parabéns rapaces!!!!!!!!!!




martes, 28 de xuño de 2022

Resumo anual da clase das estrelas - CURSO 2021/22


Boas familias, deixámosvos un breve resumo de todas as propostas feitas na clase das estrelas, para que lle botedes un ollo e gocedes vendo todo o que fixemos!




xoves, 16 de xuño de 2022

Aula Soles: Estimulación da linguaxe

 A LINGUAXE

“A través das interaccións nace a linguaxe”

Este documento pretende ofrecer  pautas sinxelas para  estimular a linguaxe dos pequenos e pequenas, dun xeito doado e natural.

A maioría dos nenos e nenas da aula  dos "soles" comezan a emitir as súas primeiras palabras, en definitiva, a comunicarse, e nós como adultos que somos, podemos axudarlles nesta tarefa e sen apenas darnos conta.

 Espero que vos sexa de axuda, estou convencida que moitas das cousas que ides ler a continuación, xa as sabíades, pero sempre está ben refrescar bos hábitos.

  • ESTIMULAR A LINGUAXE A TRAVÉS DAS RUTINAS

Desde que se é un bebé, o ambiente no que se desenvolve a nena e neno debe ser rico en oportunidades para comprender e desenvolver a linguaxe, xa que estas experiencias terán un impacto directo tanto no seu desenvolvemento actual, como nos anos posteriores. O noso diá a día, está formado por rutinas: levantámonos, vestimos, almorzamos, comemos, ceamos, imos durmir, etc. Estas rutinas son percibidas polos pequenos, que a medida que medran imitan e poden realizalas con autonomía. Antes de aprendelas, observáronas e experimentaron a súa realización xunto ao adulto. Co proceso comunicativo-lingüístico, ocorre o mesmo. É a través de rutinas e intercambios directos entre adulto-neno como se desenvolve correctamente. Hai que ter presente a importancia da repetición, como estratexia para que os nenos reteñan e evoquen a información. A repetición axudaralles a activar os circuítos neuronais.

Aproveitar as rutinas do día a día

As rutinas supoñen un importante beneficio para o desenvolvemento da nena e neno porque necesitan anticipar o que vai ocorrer para sentirse seguros emocionalmente, polo que as rutinas estables axúdanlles a estar máis tranquilos e seguros de si mesmos. Pero as rutinas achegan moito máis que iso, pois nesta etapa, gran parte do que se aprende deriva das situacións naturais do contexto diario. Rutinas como espertarse, o almorzo, a hora do aseo, do vestido, da comida, da entrada a casa, etc. Son as situacións perfectas para estimular a linguaxe do neno, xa que conlevan certas vantaxes para a aprendizaxe, ao ser experiencias de linguaxe continuadas, repetitivas e contextualizadas.

  • ACTIVIDADES COTIÁS

Actividades como recoller, por a mesa, dobrar a roupa non deben ser rutinas exclusivas do aldulto. Non deixemos ós nenos e nenas ao marxe, se pedimos a súa colaboración na medida das súas posibilidades, potenciaremos maiores oportunidades para comunicarse e de adquirir vocabulario. Xeremos un ambiente rico en oportunidades para estimular a linguaxe da nena e neno.

 

  •  O AMBIENTE PREPARADO PARA OS PEQUENOS

Etiquetar os estantes e as caixas de xoguetes e materiais con imaxes e co nome, para que saiban cal é o lugar adecuado para cada cousa, potenciará a organización e a comunicación, así como o desenvolvemento da lectura.

  • IMITAR E ENGADIR LINGUAXE

Por exemplo, se oi neno di “ota”, mostrándonos unha pelota, poderíamos contestarlle: “sí, é unha pelota vermella”; “unha pelota moi bonita”. Facer isto demóstralles ás nenas e nenos que os escoitamos e que os entendemos, o que fomentará o interese por comunicarse de novo. E moi importante que , aínda que pronuncie mal, nós utilicemos as formas correctas das palabrasachegando a nena e neno un modelo adecuado de linguaxe.

  • FALEMOS MOITO CON ELES!

Para iso, existen unha serie de recomendacións para por en práctica:

-Facer preguntas abertas en lugar de preguntas que se poidan contestar cun SI OU UN non (que., quen, onde, como, porqué...) dan a posibilidade de practicar a linguaxe.

-Facer preguntas que permitan ao neno e nana dirixir a actividade ou o xogo “que imos facer agora?”, “que facemos con isto?”; “onde vai esta peza?”

-Ofrecer opcións para favorecer a elección, tanto no xogo como nas diferentes actividades e rutinas “ prefires cereais ou galletas?”, “Queres sentarte no chan ou na cadeira?”

-Darlle a oportunidade de expresar o que saben e o que poden dicir. Por exemplo, encher un espazo nunha canción familiar, completar unha frase “eu teño un...”

-Darlle o tempo necesario para elaborar a súa resposta ou a súa mensaxe.

  • XOGANDO COA LINGUAXE

Xogar a equivocarnos absurdamente para que a nena e neno nos corrixa e nos explique como de di ou se fai. Por exemplo, colocando pezas nun lugar inesperado(un calcetín nunha man); ou finxir que non ves algo que está a vista, para que a nena e neno teña que explicar onde está, axudándolle a atopalo son recursos moi potentes para estimular a linguaxe da nena e neno.

  • IMOS SEGUILOS A ELES!!!

Durante as actividades do día é importante atender e seguir as iniciativas da nena e neno. Responder ás súas vocalizacións, xestos ou palabras, potencia a interese por comunicar. Durante o xogo, se queremos aumentar as probabilidades de que se comunique, debemos permitir que as nosas fillas e fillos nos guíen na maneira de xogar, non debemos impoñer formas de xogo, SIGAMOS OS SEUS PROPIOS INTERESES!.

 

  • APROVEITAR CADA MOMENTO COMUNICATIVO

Facer comentarios durante as rutinas diarias, nomear e describir as accións e actividades que se realizan, materiais ou obxectos que se usan, proporcionan ás nenas e nenos palabras novas para comunicarse e modelos para describir as súas propias experiencias. trátase de falar sobre o que se fixo, sobre o que se está facendo, sobre o que se vai facer, tendo en conta o que se ve, ou que se oe, o que se cheira, o sente ao tocar . Tamén é moi recomendable realizar comentarios positivos achega do comportamento e da comunicación do neno.


Espero que vos guste o vos faga reflexionar sobre a linguaxe como parte importante do proceso de interacción cos vosos fillos/as.

 

luns, 6 de xuño de 2022

Quen estivo de aniversario este mes de maio??

Queredes saber quen estivo de aniversario??? Pois ben, na Escola houbo tres: Maxy e Miguel da aula das lúas, que xa fixeron os 3 anos; e na clase das estrelas, Sabela, estivo moi contenta no seu día de 2º aniversario. Moitas felicidades nenxs a seguir medrando!!!!!!!!!!!!!!




mércores, 4 de maio de 2022

Aniversarios abril 2022

No mes de abril, estiveron de aniversario: da aula das estrelas: Dani, Arturo e Cibrán que fixeron 2 anos, da aula das lúas: Nico e Simón que fixeron 3 anos, e da aula dos soles: Aroa e Brais que fixeron o seu primeiro aniño. MOITAS FELICIDADES RAPACES!!!!






martes, 3 de maio de 2022

Festa dos maios

Seguindo coa temática da primavera, na Escola celebramos unha festa de moita tradición na cultura galega e sobre todo na nosa provincia, os MAIOS.  Esta festividade ten lugar a principios dese mes, de ahí o nome, e ten como significado dar a benvida a primavera e a exhaltación da natureza. 

Para iso, solicitámoslles as familias elementos naturais típicos (xestas, pampullos, calas, margaridas, fiuncho, tuias,...) e con eles decoramos o noso gran maio en forma de piñeiro. Tivemos tempo de bailar, tocar instrumentos e cantar arredor dos maios. Por último, tamén elaboramos un mural onde reflectimos unha pequena copla típica da festividade.

Foi todo un reto pero quedou precioso e de gran significatividade cultural como dos elementos da estación. Repetirémolo de seguro!!!!