mércores, 27 de marzo de 2019

Peludiños

O día 20 de marzo visitounos a nai de Mia, Lorena. Veu a ensinarnos a facer os típicos peludiños. Primeiro trouxo os vasos de plástico preparados cós ollos pegados, só lle tiñamos que poñer o nariz e a boca.





Preparado o vaso e caracterizado, tiñamos que botarlle a terra unha pouca de semente, e despois unha pouca terra máis. Agora hai que rega-lo e esperar con paciencia a que lle medre o pelo e cada vez que esté longo pois irllo cortando pouco a pouco a altura desexada.






Grazas por ensinarnos esta actividade tan chula.

venres, 22 de marzo de 2019

Máis papel!!!!!!

A seguinte en participar neste proxecto das familias foi a nai de SHAILA, Tania, que tamén veu coa irmá de Shaila que se chama Mayra. Para introducirse c@s nen@s primeiro, Tania con Shaila, leulles o conto do Polo Pepe, na aula de psicomotricidade.


Cando remataron foron para a nosa aula, a das lúas, e alí tiñan todo un obradoiro de papel onde eles e elas podían deixar voar a súa imaxinación e facer o que quixeran có que alí estaba montado. Unha piscina de papel triturado, rolos de papel hixiénico que estaba pendurado para tirar por el, caixas de panos de papel para baleira-los, un corredor con papel de burbullas ,forro para notar a texturas.......


Logo de tanta diversión toca recoller, e tal  e como deixamos a aula tocounos barrer.



E a nai de Shaila foi tan atenta que nos trouxo unha lambetada para despois da parva, moitas grazas!!!!

xoves, 14 de marzo de 2019

Aniversarios febreiro 2019

Este pasado mes de febreiro estiveron de aniversario: Irene, Marco, Hugo, Manuel Negreiro e  mais Noah. MOITAS FELICIDADES RAPACES!!!!!!!!!Que sigades medrando así de fermosos/as!!!!







mércores, 6 de marzo de 2019

Os peixes

Esta vez tocoúlles ó pai e a nai de Hugo, Fabi e Eva. Como o pai traballa vendendo peixe pois, explicáronnos cousiñas de peixes. Primeiro fixeron un mural en onde nos explicaban as partes dos peixes.


Nese mural tamén nos explicaron como saen os barcos a pescar , como pasa o peixe pola lonxa e é alí onde os peixeir@s teñen que comprar o peixe para levalo a vender as peixarías.

Ensináronnos varias clases de peixes: cabala, pescada, pinto, xurelo,.........


Cando remataron coa explicación trouxeron un conto para ler " EL PEZ ARCOIRIS", un conto moi apropiado para esta idade, trata sobre o valor da amizade, compartir..........



Para remate final trouxéronnos unha sorpresa, unhas lambetadas de chocolate en forma de sardiña, que ricas nos souberon, uummmmm!!!!

Grazas por todo, nós pasámolo moi ben!!!!!!