luns, 28 de setembro de 2020

Comezamos un novo curso escolar!!!!

Bos días familias!!!

 Este pasado 7 de setembro, comezamos un novo curso escolar na Escola Infantil Municipal 0-3 anos do Concello de Meaño. Este é, sen dúbida, un ano de cambios e incertezas, pero dende a escola estamos moi contentas porque comeza unha nova aventura que percorreremos todos xuntos. Coma sempre é un pracer compartir convosco cada curso escolar que seguro ven cheo de grandes experiencias e aprendizaxes.

Na seguinte imaxe, deixámosvos o calendario escolar deste curso académico para que poidades botarlle un ollo cando precisedes.