xoves, 29 de abril de 2021

ANIVERSARIOS NA AULA DAS LÚAS

    "En abril, augas mil", e festas de aniversario tamén!!. Na aula das Lúas o mes de Abril é o máis productivo en nacementos de nenos/as. Houbo oito aniversarios, oito amigos que cumpriros tres anos.

     Elaboraron biscoitos, puxeron coroas, sopraron candeas e cantaron moitas veces o "Cumpreanos feliz".

Parabéns ANDREA!!

 3 anos para MARIO!!

Sopra forte MEGAN!!
Os amigos de MALIA  animan o sopro.

3 anos para CLAUDIA,( acompañada deste amigo).BRAVO!!
Disfruta SARAI!!!
É un día estupendo para VALENTINA !!!

Animo LARA , so queda unha.







              O importante desta celebración é sentirse protagonista especial.
 Ademaís a todos nos gusta unha celebración. 
Especialmente nestes tempos.
Noraboa tamén a os papás e mamás destes amigos/as!!!


ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL NA AULA DOS SOLES

       O mes de Abril é un mes especial na nosa Escola. A primavera avanza e fai medrar e cambiar todo o noso entorno. Tamén sucede así cos nenos .No mes de abril moitos nenos/as celebran o seu aniversario.

     Na clase dos máis pequechos, os SOLES, festexamos 1 ano para Arturo e Daniel. É un bo motivo para unha gran celebración. 


Está todo contento coa súa coroa!



A Arturo sin embargo non lle gustaba.


mércores, 28 de abril de 2021

Comezo terceiro trimestre na aula das nubes

Prezadas familias, aquí vos vai un breve resumo das cousiñas que fixemos nos inicios deste terceiro trimestre. Como podedes ver, moito cambiamos!!!!!!! Pero sobre todo mellorando na nosa autonomía (na merenda, no control de esfínteres, no espido/vestido, no aseo, etc.). 

Coa chegada dunha das nosas estacións favoritas, experimentamos coas cores, os animais, as flores,... Porque a primavera é un período cheo de alegría, no que podemos aproveitar tamén de mellores condicións para saírmos ó exterior e así poder observar o mundo que nos rodea, que por certo está repleto de cousas abraiantes. 
🌸🌷🌺🌹🌞🌈

xoves, 22 de abril de 2021

ANIVERSARIOS MARZO

Boas familias, neste mes da comezo a primavera, e que mellor que cumprir anos, na nosa estación preferida. Concretamente Valeria, Sofía e Jeray, da clase das LÚAS, fixeron os 3 anos.... PARABÉNS CATIVOS!!!!!!!!!!!!!💓💓💕💕🎂🎂