luns, 9 de abril de 2018

XIX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA



MULLERES DE CONTO, tema ao que está adicado o XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Con esta temática quérese brindar unha homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil e Xuvenil, do libro e da lectura: escritoras, ilustradoras, nais, madrastras e avoas que contan contos para ir durmir, editoras, narradoras, mestras, bibliotecarias, libreiras, distribuidoras, encadernadoras, deseñadoras, tradutoras, xornalistas, animadoras, xestoras, investigadoras, protagonistas (que loitan por dárlle a volta ao conto), personaxes eternamente secundarias, fadas e princesas (que non o queren ser), mouras, sereas, bruxas, lavandeiras, e tantas outras!!!

O pais invitado de Honor ao Salón do libro é México. Seguro que traenos moitas sorpresas!!!


 Aquí vos deixamos  o Programa de actividades, votádelle unha ollada e animádevos!!


http://www.pazodacultura.org/media/Programa_salon_2018_web.pdf

venres, 6 de abril de 2018

Porón pompóm

A pintura estimula a comunicación, a creatividade, a sensibilidade, fomenta a autoestima e aumenta a capacidade de concentración e expresión d@s nen@s.
A pintura é arte, e como tal, non debe ser unha actividade repetidora nin condicionada a vellos patróns.
Esta vez tocou pintar con pompóns, non o fixeran nunca, así que resultou unha experiecia divertidísima.




Pola data na que estamos, pimtamos uns ovos de Pascua , así ningún neno quedou sen o seu típico ovo. Quedaronnos así de bonitos.



xoves, 1 de marzo de 2018

Qué frío!!!!

Toca traballar a segunda estación do ano, "o inverno".  A profe ensinounos prendas de vestir típicas desta estación, ademáis estamos aprendendo unha canción e unha poesía sobre o inverno. Premede na seguinte imaxe para poder visualizar o vídeo.



Pero o que máis nos gusta é experimentar. Primeiro déronnos uns cubitos de xeo, un a cada un, para que comprobásemos o frío que estaba, que nos fixaramos en como se derretía ( experiencia de sólido a líquido).




Ata nos atrevemos a probalo




Para seguir con novas sensacións, xogamos con espuma de afeitar, simulando a neve. É moi bo que @s nen@s manipulen moitas texturas  e teñan sensacións diferentes e variadas. É unha actividade moi atractiva para eles e elas, xogar coa espuma de afeitar simulando a neve pois non a temos no noso medio máis próximo.








Pasámolo xenial, queremos repetir !!!!!





martes, 20 de febreiro de 2018

Estampamos corazóns VERMELLOS

Un ano máis volve San Valentín, 14 de Febreiro Día dos namorados e da amizade. É unha boa data, non só para recordar o valor do amor e da amizade, senón para celebrar aquelas cousas que nos enchen o corazón.

Este ano estampamos uns corazóns vermellos feitos cos tubos do papel hixiénico e quedáronnos así de "chulos".



Tamén lemos o conto " De qué color es un beso" de Rocío Bonilla. Algar Editorial.. E bailamos e cantamos a canción "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumaça.