xoves, 21 de xullo de 2016

O DÍA DOS AVÓS

O DÍA DOS AVÓS E AVÓAS

Os avós e avóas dos nenos de Escola Infantil concello de Meaño disfrutaron o venres 8 de xullo unha pequena homenaxe pola seu labor en pro da educación dos máis pequenos. Primeiro adicamos un intre na aula para explicarlles a rutina diaria dos netos, bailamos xuntos “Miña abuela Manuela” do grupo Migallas, e logo compartimos un rato no patio onde disfrutamos da actuación dun trío de fagotes de Escola Municipal de Música de Meaño e dun pequeño aperitivo infantil. Gracias avós e avóas pola voso tempo e vosa paciencia na familia e cos nenos. 

Aquí vos deixamos unha galería de fotos para lembrar ese día.

NA AULA DAS ESTRELAS...




 




NA AULA DAS LÚAS...


















E NO PATIO: CONCERTO E CONVIVENCIA...






 






PARABÉNS, AVÓS E AVOAS...!


xoves, 14 de xullo de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO NO CATAMARÁN

Como cada curso no mes de Xuño organizamos á  nosa excursión de fin de curso. Este ano fumos a O Grove. Cada saída é toda unha aventura para nós e marchamos con moita ilusión para ver cales son as sorpresas que nos depara o día.





O autobús estábanos esperando na porta da Escola Infantil, unha vez sentados tod@s, cos nosos cinturóns abrochados emprendémolo viaxe a " O Grove", para poder subir no catamarán e poder coñecer algo máis do mar que nos rodea.



Unha vez subidos no barco, navegamos ata que nos levou a coñecer as bateas.




Explicáronnos o que é unha batea, como medra un mexilón, unha ostra e unha vieira. Tamén subiron un par de nasas pero non fora un día de sorte, e non entrara nada en ningunha delas, únicamente unha pequena estrela de mar, que nola ensinaron con moito cariño e mirámola con moita atención, Seguramente moit@s xa vimos moitas estrelas de mar moitas veces, pero parecía que era a primeira que viramos na nosa vida.


Chegou a hora de ver o fondo marino, algas enormes, algun que otro peixe nadando entre esas algas.....foi espectacular!!!
Cando rematamos á nosa viaxe en barco e baixamos no Porto fixémola nosa foto de grupo.




Do Porto do Grove, fumos ata o parque infantil da Illa da Toxa. Pasámolo xenial subidos nos seus columpios con forma de formiga e de saltamontes. E que non hay nada mellor que ir ó parque para rematar unha boa excursión.


E así acabámolo día, toca regresar á  escola, foi un gran día!!!