mércores, 26 de xaneiro de 2022

O Nadal das estrelas

 Xa facía un tempiño que non vos contábamos no blog as cousiñas que facemos e experienciamos na aula das estrelas, pero é que estivemos moi atarefados neste tempo. O Nadal é unha data moi significativa para a sociedade e como non para nós, e celebrámo-la ó máximo: adorno para a árbore, experiencias multisensoriais, fomos ó buzón de correos (os que van ó cole do 2ºciclo de EI), decoramos a postal para as nosas familias, traballamos o vocabulario relacionado, tivemos actividades plásticas, visitounos Papá Noel e deixounos uns regalos, convertímonos en reis magos e tamén deunos tempo para facer o noso primeiro biscoito de aniversario. 

Ademais, viñeron da Escola de Música Municipal para lernos o conto "Os Bolechas. Na Escola de Música de Meaño ninguén desafina", onde puidemos gozar desta bonita lectura e aprendemos moito dos instrumentos musicais, moitas grazas pola visita! Pese a estarmos menos na clase que o de costume debido ás numerosas faltas de asistencia, ben polos festivos como pola situación sanitaria, fixemos gran cantidade de tarefas...



Antes de rematar, dar as grazas pola visita deste Papá Noel tan especial, foi un pracer!!!. Polo demais, seguimos medrando a pasos axigantados e gozando do percorrido.