luns, 21 de marzo de 2016

FESTA DA COR AMARELA

Este trimestre estamos coñecendo a cor amarela.
Decidímos facer unha festa o venres 11 de Masrzo, xa que coas festas @s pequen@s poden interiorizar os conceptos dunha forma lúdica.
Empezamos vendo cal era a prenda de cor amarela que traía posta ese día cada nen@. 
Despois chegou o turno de pintar . Fixemos un collage onde os peques puideron plasmar a súa creatividade.




Con tanto esforzo tiñamos que repoñer  enerxías, e xa era hora da merenda. Ocurreusenos facer limoada. Tod@s participaron exprimindo limón.



 E aquí estamos probándoa!!!



Algúns ata probaron o limón so, mirade que cariña!!!



Cada un dos nenos trouxo un plátano para merendar, merenda amarela e sana!!!



Para rematar bailamos con globos amarelos.


Como nos gusta aprender, vivan as festas!!!!




PANADEIROS POR UN DÍA

Estamos traballando o coñecemento da rúa, cos seus sinais, os seus comercios.....
Con esta saída pretendemos potenciar o interese por coñecer o pobo onde viven , ou se moven asíduamente  @s nos@s pequenos, e convertel@s en protagonistas activos da súa aprendizaxe.
Sairon  da nosa Escola Infantil tod@s emocionad@s por ver o que lles deparaba o día.





Centramos a nosa visita na panadería " Javier Viñas". Alí estábannos esperando con ilusión as donas e dependentas. @s nen@s puideron observar e experimentar como se elaboraba o pan, un dos alimentos  principais da nosa dieta alimenticia.
 María, a dona, preparounos a masa, mentres abraiad@s esperaban  ver cando lles tocaba a eles/ elas.


Tíñannos disposta unha mesa á altura dos cativos, e chegou o momento de poñerse " mans á masa". Disfrutaron moitísimo  





Cando remataron de amasar, metéronlles cadanseu boliño no forno para que así puideran levar o seu propio traballo para casa. QUE EMOCIÓN!!!.

Foi toda unha experiencia, Grazas por este día ós donos da panadería. Esperamos poder volver!!!

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO!!

Moitas felicidades a todos estes pequenos/as que cumpliron anos no mes de febreiro!!!


















FESTA "BISESTA"

O pasado 29 de febreiro celebramos na escola a Festa "Bisesta".
Queríamos agradecerlle ao sol que neste 2016 tivesemos un día máis. Toda a xornada centrouse no sol: nas diferentes aulas fixemos un sol ben grandiño  para que lucese moito (pintámolo de cor amarela, recortámolo e enchémolo de pàpeis de xornal que previamente enrugamos), cantamos cancións ao sol e decatámonos que sabiamos moitas... e preparamos tamén unhas coroas cun soliño para cada neno/a.
Para remata-la xornada tivemos un contacontos na aula de psicomotricidade a que asistiron todos os pequenos (bueno, os que estaban espertos,jajaja).






preparando os papeis de xornal para encher o sol

guapos e guapos os nosos pequenos!!!

momento do contacontos