venres, 20 de decembro de 2019

Continuamos coas visitas das familias

OS PAPAS AXUDARONOS A FACER COUSAS NOVAS!

         Como xa tiñamos programado dende inicio de curso as familias continúan a visitarnos para compartir unha actividade con toda a clase. Cada quen elixe o que quere facer, trae o material que precisa e nos explica como se fai .
     Neste caso a mamá de Marco, unha estupenda perruquira veu, xunto co papá, a facernos unha sesión completa de peiteado, pintura e manicura. Quedamos todos guapos e practicamos moito.

Os cepillos enganchabanse nos pelos. Menos mal que a muñeca non protestaba

Cepillos, peines, pintura de unllas, secador, spray de auga,...tiñamos de todo.
     

          Xa no mes de decembro coa mamá de Victoria elaboramos uns "panciños de queixo" moi ricos que son tipicos do Brasil, de onde ela procede. Empregamos fariña de mandioca, ovos, leite e aceite de xirasol. Estaban moi ricos
A mamá fixo a mestura primeiro e logo entre todos amasamos os boliños.

PANCIÑOS DE QUEIXO!!!



         Coa mamá de Antía fabricamos un pequeno boneco  cun globo e arroz. Empregamos un embudo feito cunha botella para introducir o arroz dentro do globo. Atamos o globo e debuxámoslle ollos, nariz e boca. Resultou entretido e colorido.



Para coller os grans de arroz tiñan que afinar os dediños.

            Continuamos despois de Nadal con estas interesantes experiencias.
      

          Moitas grazas ás familias

ANIVERSARIOS NA AULA DAS NUBES


    Na aula das Nubes están os nenos que cumpren un ano a final do 2019 . Neste trimestre estiveron de aniversario tres amigos:Celia, Julia e Mateo. É unha etapa de inicio de curso con poucas ganas de celebracións. Aínda están sensibles e algúns en periodo de adaptación. Polo tanto non queren festa nin coroa de aniversario nin candea con biscoito. Pouco a pouco iremos avanzando




Noraboa Celia .

Julia non quere celebracións. Parabéns para ti

Mateo, xa vai un ano ! . Moi ben 💟

luns, 9 de decembro de 2019

CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS NA AULA DAS LÚAS 

    Co inicio do novo curso escolar continuamos coa celebración das festas de aniversario dentro da aula. E un día moi importante para cada neno pois tentamos que se sinta o protagonista especial do momento. A celebración é sinxela . O día da festa as familias traen á clase os ingredientes precisos para elaborar un biscoito de yogurt. O protagonista axuda a facer a mistura dos ingredientes pero todos axudan a remexer co batedor. Poñemos a cocer no forno e esperamos. Mentres fabricamos a coroa de cumple do homenaxeado ,co seu nome , os anos que cumple e toda adornada con gomets que axudan a pegar todos os compañeiro/as. Tamén debuxamos nun papel grande a silueta do protagonista , cunha tarta de cumple e maila coroa. Entre todos damos color ó debuxo.

     Cando o biscoito está listo para comer, colocamos as velas e cantamos "Parabéns para ti" entre todos, e o/a nenoa que esta de aniversario sopra as candeas.

     O obxectivo é transmitir un sentimento de festa e emotividade para cada neno. Nas primeiras "festas" de aniversario parece que non entenden que está a ocorrer, pero cando xa  van celebrando varias, todos entenden  para quen é a celebración e sinten alegría, vergoña ante o momento de protagonismo que implica. 

     Para todos os que xa festexamos  o seu aniversarios MOITOS PARABÉNS!!!
   
  Durante o mes de Setembro fixemos as festas para Alejandro e Damián
Parabéns Alex


Damián tamén tivo a súa festa, pero non estaba tan contento😢😢

   No mes de Novembro  celebramos as festas de Leire e Miguel.
Miguel tivo o seu momento de protagonista😋

A Leire non lle gustaba sentirse anfitriona.😐
    
TODOS OS COMPAÑEIROS GOZAN MOITO SABOREANDO O BISCOITO

ESTAMOS REMATANDO O ANO E QUEDAN POUCOS SEGUNDOS ANIVERSARIIOS. PERO AÍNDA QUEDAN ....