"Asoma o sol entre as nubes e as estrelas bailan coa lúa"
xoves, 26 de marzo de 2020
QUE FACER COS NENOS/AS DE 3 ANOS?
Entreter un pequeno de 3 anos durante días é misión complicada, para axudarvos quero compartir con vós unha publicación moi interesante que lin no Blog de Alvaro Bilbao. Alvaro Bilbao e doctor en Psicoloxía da Saúde e coñecido polas súas publicacións dirixidas a tanto a pais como educadores.
Nestas circunstancias de confinamento, os pequenos pasarán moitos días sen saír das casas, compartindo o mesmo espazo durante moitas horas con vós e seguramente vos enfrentedes a situacións complicadas cos pequenos.
Nesta publicación atoparedes consellos e actividades para realizar cos vosos pequenos/as.
Un saudo e moito ánimo.
Preme no enlace de abaixo para acceder ao contenido.
Las 10 cosas que puedes hacer con un niño de 3 años durante la cuarentena.
luns, 23 de marzo de 2020
LAVO AS MANS
Ola familas, desde a escola queremos darvos moitos ánimos, ISTO PASARÁ. Mentres iremos publicando enlaces de interese.
Hoxe queremos ensinarvos unha canción para a rutina de lavado de mans:
CANCION DOS DEDOS PARA LAVAR AS MANS
Preme no enlace para poder ve-lo video do grupo MIGALLAS TEATRO
Vémonos pronto, un saúdo familias e moitos animos.
Hoxe queremos ensinarvos unha canción para a rutina de lavado de mans:
CANCION DOS DEDOS PARA LAVAR AS MANS
Preme no enlace para poder ve-lo video do grupo MIGALLAS TEATRO
Vémonos pronto, un saúdo familias e moitos animos.
martes, 17 de marzo de 2020
QUE FACEMOS COS NENOS NA CASA?
Son moitos os pais e nais que estes días non sabedes que facer na casa cos pequenos/as, pois son 24 horas ó día xuntos, sen a posibilidade de saír ao parque ou a dar un pequeno paseo.
En internet son infinitas as páxinas que estes días adican o seus espazos a ofrecer ideas, xogos ..para todos os da casa, principalmente para os pequenos.
É importante seguir coas rutinas diarias de alimentación, hixiene, sono... pero hai tempo para todo.
Deixamosvos un enlace no que atoparedes ideas para facer cos pequenos, adaptadeas á idade dos vosos fillos e aproveitade este tempo para desfrutar deles e con eles, sacaremos algo bó de toda esta situación.
Sobre todo moita paciencia, coidadevos vos (alimentacion, algo de deporte, sono... ) para estar ao cen por cen, non nos deixemos levar polo medo e o desanimo, esta situación ímola superar entre todos e lembrade: atendamos ás obrigas e recomendacións das autoridades QUEDA NA CASA.
https://estacionbambalina.com/descargas/70_ideas_para_jugar_en_casa.pdf
https://www.facebook.com/psicologa.tania.delgado/photos/pcb.503946963882897/503945810549679/?type=3&theater
https://www.laopiniondemurcia.es/sociedad/2020/03/14/coronavirus-ideas-jugar-ninos-casa/1099362.html
Interesante artículo para reflexionar e sacar ó máximo partido a esta situación extraordinaria:
https://elpais.com/elpais/2020/03/16/mamas_papas/1584340747_309038.html
luns, 16 de marzo de 2020
YOMEQUEDOENCASA
Ante a situación que estamos a vivir como consecuencia da expansión do coronavirus (COVID -19) e a obriga de pechar os centros de ensino, A Escola Infantil Municipal 0-3 anos, atendendo ás instruccións das autoridades en materia de Servizos Sociais, infórma as familias da suspensión de toda a súa actividade durante un período inicial de 14 días.
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/protocolo-conxunto-da-conselleria-de-politica-social-e-da-conselleria-deas
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Recomendacions-Conselleria-Sanidade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)