luns, 6 de abril de 2020

AULA SOLES- A importancia da masaxe nos bebés

Bos días a todas e todos!

Dende a AULA DOS SOLES propoñémosvos un recurso que realizamos na clase,é moi enriquecedor sobre todo nestas primeiras idades, aínda que pode realizarse tamén en nenos/as de maior idade, e trátase da MASAXE. Debemos ter presentes que na situación actual podemos atoparnos tensos ou nerviosos e os cativos poden percibila, por iso que mellor momento que poñer en práctica esta técnica sempre partindo da nosa tranquilidade. De feito, cabe salientar que son numerosas as investigacións que revelan a necesidade do contacto afectivo como piar nos primeiros anos, e iso ofrecénoslo a masaxe.

É un arte milenario que fortalece o contacto e consolida o vínculo afectivo entre os adultos e os pequenos, ofrecendo calma e estimulando todos os sentidos.Vai máis aló de iso, senón  que ademais, favorece aspectos psicolóxicos, emocionais e físicos (sistema dixestivo, cardiovascular, nervioso, respiratorio e inmune).  Isto favorecerá un crecemento máis equilibrado en tódolos ámbitos da súa persoa. 

Podedes ollar o seguinte enlace onde se detallan os seus beneficios e algunha recomendación a ter en conta para poder realizalo satisfactoriamente:


Existen diferentes técnicas: Shantala, sueco, reflexoloxía,...cada un aporta uns pros ou outros, pero todos eles poñen en manifesto a súa significatividade nestas idades. Se ollástedes o enlace anterior poidéchedes ver as recomendacións para realizalo; senón ímosvos facer un resumo para terdes en conta. Estes consellos xerais son: facer movementos suaves, estar tranquilos, crear un espazo seguro e cálido, interactuar con eles (falando ou cantando cancións infantís), evitar o emprego de xoiería, espir os cativos e utilizar algún tipo de aceite corporal ou crema respectuosa coa súa pel e que estea morna.

E como se fai a masaxe preguntarédesvos... Pois, a continuación deixámosvos dous vídeos onde se explica, paso a paso, os movementos e procedemento a seguir, de xeito doado para poder facer na casa sen ningunha dificultade.

VIDEOS-EXEMPLO DA TÉCNICA A SEGUIR





Agardamos que vos sexa de utilidade toda esta información e que poidades gozar desta técnica no voso día a día xa que é moi enriquecedora e beneficiosa para os cativos, pero tamén para vós as familias. Ata a próxima entrada! Apertas

Ningún comentario:

Publicar un comentario