martes, 20 de febreiro de 2018

Estampamos corazóns VERMELLOS

Un ano máis volve San Valentín, 14 de Febreiro Día dos namorados e da amizade. É unha boa data, non só para recordar o valor do amor e da amizade, senón para celebrar aquelas cousas que nos enchen o corazón.

Este ano estampamos uns corazóns vermellos feitos cos tubos do papel hixiénico e quedáronnos así de "chulos".



Tamén lemos o conto " De qué color es un beso" de Rocío Bonilla. Algar Editorial.. E bailamos e cantamos a canción "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumaça.

venres, 16 de febreiro de 2018

Pinceladas do primeiro trimestre na aula dos soles

Neste primeiro trimeste na aula dos soles, os máis pequenos conseguiron moitos logros: voltear, arrastrarse, gatear, pórse de pé, balbucir, camiñar, entre outras moitas. Os comezos non foron fáciles: choros, gritos, alteracións no sono e na alimentación; pero estas manifestacións son comúns no período de adaptación. 

Por sorte, recorremos este camiño e os cativos están prácticamente adaptados ó ritmo da escola e as persoas que a conforman. A continuación deixámosvos unha compilación de fotografías de algunhas cousiñas que fixemos neste primeiro trimestre (observar e manipular elementos do outono, cesto dos tesouros, Nadal, expresión plástica,...).









xoves, 15 de febreiro de 2018

ESTAS MAGDALENAS QUE RICAS QUE ESTÁN!!




O entroido é unha das celebracións que máis lles gustan aos pequenos, divírtense disfrazándose, pintando a cara, xogando con confeti, bailando....

Na semana do 5 ao 9 de febreiro, a Escola Infantil, encheuse de colorido e ledicia, os pequenos e pequenas dende o luns ata o venres disfrazáronse tódolos dias:

 primeiro disfrazamo-la nosa cabeza:





Logo o PESCOZO:


O mércores trouxemos un orixinal mandil:


O xoves, puxemos o noso disfrace favorito....



e o VENRES, TATATACHÁN!!!!
a escola encheuse de magdalenas de moitos sabores: limón, chocolate, fresa, piruleta..e,
este ano conseguimos garda-lo segredo!!!!





















ENTREVISTA A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO



Este foi o anaco de poema que escollemos para traballar o Dia Escolar da Non-violencia e a Paz na Escola Infantil, da  obra "Bolboretas no papel" de Antonio García Teijeiro:

-Onde vas bolboreta?
-vou coller a maleta
-e nunha bicicleta
percorrer o planeta

-quero ver como as flores
van enchendo de cores
os sorrisos e as dores (...)

Deixámosvos este enlace para ler unha  entrevista co Autor de tan fermosos poemas:

30 DE XANEIRO: ENCHÉMOLO TODO DE COR



Queremos lembrar, de novo, a orixe e os obxectivos de este sinalado día:

O día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez no ano 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente e voluntaria de Educación non-violencia e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. A mensaxe deste día e:"AMOR UNIVERSAL, NON-VIOLENCIA E PAZ".

Desde o ano 1976, no que foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, o 30 de xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Na escola Infantil pensamos que o poema de Manuel Garcia Teijeiro "Bolboretas de Papel" reflexaba moi ben o papel dos pequenos e pequenas no que se refire a paz, a non violencia, o entendemento: eles son como as bolboretas do poema e éncheno todo de cores.

Durante algúns días estivemos a traballar o poema, o seu significado, realizando actividades de expresión plástica cos pequenos e, nesta ocasión, pedimos a colaboración de nais e pais (tiñan que recortar bolboretas de cores para facer este gran corazón).

Entre todos enchemos de cores a nosa escola: GRAZAS












mércores, 14 de febreiro de 2018

Aniversarios no mes de xaneiro

Despois do Nadal, neste mes de xaneiro estiveron de aniversario oito cativos da escola: Serine, Unai, Mateo Lariño, Sofía, José Luis, Julia Couso e Victoria.