xoves, 30 de abril de 2020

AULA LÚAS , XOGAMOS E BAILAMOS.

Ola Familias: 

   Unha semana máis imos novas ideas para xogar na casa. Neste caso recorremos a elementos que temos na cociña como as legumes ou a pasta. Con eles imos a traballar a clasificación e diferenciación de obxectos . 
Materiais que precisamos:
- 1 recipiente con legumes ou pasta mesturados.
- 2 recipientes para separalos de forma individual.
        
   O obxectivo da actividade é ir separando as legumes dos macarróns , colocándoos en envases diferentes tal e como se ve na imaxe. Pódense empregar materiais diferentes, fabas e bolas , botóns e macarróns,... Trátase de proporcionar ó/a neno/a unha ocasión para centrar a atención e observar as diferenzas dos obxectos.

O material pode variar. É preciso estar pendente do nen@ mentres realiza actividade.

    Neste tipo de clasificacións podemos incluír a cor  como elemento diferenciador, isto é ofrecemos ó  nen@ obxectos diferentes para separalo en función da súa cor. Uns exemplos deste tipo de clasificación están nas seguintes fotografías.


Estes son uns bos exemplos pero debedes adaptar a actividade ó material do que dispoñades.

    Para entreternos un pouco presentamos un xogo de dedos moi sinxelo que empregamos na clase para centrar a atención. Se o facemos antes de contar un conto preparade ós nenos para escoitar e atender. Este é o Xogo do Can e o Gato .



    E si queremos traballar un pouco coa música marcando un ritmo podemos empregar unha canción que tamén traballamos con ela na clase. A canción titúlase "En mi tribu"e a actividade consiste en marcar un ritmo cos pes , co corpo e si cabe cos algún instrumento de percusión. Para facelo podemos facer un recorrido ó redor dunha habitación , ou dunha mesa, unha alfombra,.. o que se poida. Aí vai un vídeo que ilustra un pouco este baile.




   A canción que da orixe a este baile podemos atopala en Youtube. E unha canción de Musicaeduca que se emprega con nenos máis maiores, pero a nós tamén nos serve.
     


Aproveitade o tempo e divertídevos moitos cos vosos nen@s!!

      


mércores, 29 de abril de 2020

AULA ESTRELAS!


Ola familias! 
Cada día que pasa é un menos, moitísimo ánimo!
Aproveitando que agora si podedes saír unha horiña cos pequenos propoñémosvos que observedes a natureza con eles, os cambios que houbo dende que non saiades, como creceron as follas das árbores e as flores nos campos, o son do canto dos paxariños que están pletóricos…
A primavera invádenos e estamos en época de plantar tamén. Nestas datas na escola acostumamos a plantar algunha semente e algunha planta para facer o noso propio horto. É unha actividade que lles gusta moito e que lles axuda a acercalos á natureza, a comprender o proceso do crecemento das plantas e sementes. Gústalles moito manipular a terra, regar as plantas e coidalas porque implícalle un grado de autonomía e responsabilidade.
Deixámosvos unha serie de fotos con ideas para plantar na casa.


                                              




E para os máis creativos e cun anaco de xardín na casa pois a deixar voar a vosa imaxinación! jeje...




Os que teñades horta pois aproveitade para facelos partícipes e levalos plantar con vós, que experimenten coa terra, que fagan buratos para plantar as hortalizas, que vexan como van medrando e os coidados que precisan.
Sen dúbida, vai ser unha aprendizaxe moi enriquecedora que lles servirá para ir adquirindo coñecementos sobre a natureza tan importantes. Saberán que as leitugas, tomates, berenxenas... non veñen do súper senón da terra.


                                               


Para acompañar estes momentos de plantar propoñémosvos algunha canción relacionada moi divertida!




Con esta última podedes plantar algún gran de millo e esperar a ver que pasa!


E para rematar, un contacontos moi divertido que se titula, "A horta de Simón",

e un conto que vemos na aula e gústalles moito!



Boa semana familias! Un abrazo moi forte!
Profes Lara e Andrea.







martes, 28 de abril de 2020

AULA NUBES

Bos días familias!

Hoxe tráiovos unha actividade sinxela e super divertida que seguramente terá @s cativ@s entretidos durante un bo rato. Chámolle "PAREDE PAGAÑOSA" consiste en fixar nunha parede un anaco de forro de pegar e cubrilo con globos, anacos de la, cortón, palliñas... @s pequen@s terán que despegar todo aquilo que estea fixo na nosa parede pegañosa.





Se non tedes forro de pegar pola casa e si tedes cinta adhesiva ancha podedes facer unha versión da actividade anterior pero fixando anacos de cinta adhesiva dunha parede a outra simulando unha tela de araña. Podédeslle pegar globos ou pelotas como se aprecia nas seguintes imaxes:




Esta semana escollín o libro "¿Dónde está Spot?" da editorial Sudamérica. Un conto con lingüetas onde hai que buscar ó canciño por varios recunchos da casa. Na clase gústalles moito o FACTOR SORPRESA de ven quén está agachado debaixo de cada lingüeta.



Aproveitando que xa vos deixan saír c@s vos@s fill@s, ímoslle cantar a Lorenzo para ver si se anima a saudarnos tódolos días.



Espero que vos sirva todo de axuda. Vémonos para a semana que ven. Bicos.

luns, 27 de abril de 2020

AULA SOLES- elaboración de xogos para os máis pequenos e libros de balde

Bos días familias!!!!! 

Xa queda menos... Esperamos que todos vós o levedes ben. Esta semana a proposta que se vos fai dende a AULA DOS SOLES, para os máis pequeniños, trátase da elaboración de xogos ou recursos sensoriais que podedes facer na casa sen dificultade aproveitando cousiñas que teñades para que os vosos fillos/as poidan xogar e aprender ó mesmo tempo. Seguro que moitas delas xa as vístedes no cole e os cativos gozan moito con elas.

En primeiro lugar, as botellas ou bolsas sensoriais. Tanto nunha como noutra podedes empregar os mesmos elementos para facela, simplemente cambia o modo de presentación. Podedes facelas atendendo ás cores ou libremente como queirades. Esta proposta pretende estimular os seus sentidos, tanto a vista coma o oído ou o tacto (no caso das bolsas).



















Para as BOTELLAS é preciso: unhas botellas a poder ser non moi grandes e transparentes, que se poden encher con auga, aceite ou xel de ducha e tinguir con colorantes alimenticios. É importante cerralas ben, con silicona quente na tapa ou ben outro tipo de pegamento que non faga que se abran. Nelas podedes engadir: estrelas, pasta, gomas do pelo, pezas, palliñas, arroz, ollos, pinzas, purpurina, legumes, area, plumas, contas, botóns, pompóns, clips, depresores, follas,... DISPOÑEDES DE MOITAS OPCIÓNS COMO XA VEDES! A continuación deixámosvos un vídeo onde podedes ver como se fan. 



No caso das BOLSAS SENSORIAIS, os elementos que podedes meter son os mesmos, simplemente cambia o recipiente, que neste caso empregarase bolsas herméticas con zip e cinta adhesiva para poñer e protexer nos seus laterais (como podedes ver na foto). No seguinte vídeo explícase como facer estas bolsiñas de modo fácil, aínda que podedes atopar moitos máis recursos na web.


E a última proposta é ben doada, chámase a CAIXA DAS TEAS. Para realizala só necesitaredes unha caixiña ríxida de toalliñas (como a que trouxesdes ó cole) ou unha caixa de zapatos, ou ben un bote de leite, e anacos de tea de diferentes cores e texturas.  Trátase dunha proposta moi boa para traballar a psicomotricidade fina e as relacións causa-efecto nos máis pequenos. Se queredes cerrar a caixa ou o bote podedes empregar cinta adhesiva. 

Materiales para jugar (I) – Las telas














5 actividades para estimular a tu bebé en casa. – Mami, Mi Maestra


Antes de rematar, queremos recordarvos que esta semana é a SEMANA DO LIBRO, por iso dende a Escola Infantil Municipal 0-3de Meaño deixámosvos os enlaces a plataformas que ofrecen libros gratuítos durante o confinamento, é unha idea xenial e apta para todos os membros da familia xa que hai unha grande variedade de libros. Botádelle un ollo ós 3 enlaces seguintes e gozade da lectura de balde que nos ofrecen. 
Childs libro de cuentos | Vector Gratis




Ata a vindeira entrada, moitos bicos.

sábado, 25 de abril de 2020

BOA FIN DE SEMANA FAMILIAS!!!



Esta finde deixámosvos con un contiño monstruoso, 







unha ladaíña de partes da cara,






e outra de dedos, para os máis pequenos! 





Un abrazo moi forte familias!

xoves, 23 de abril de 2020

AULA LUAS

Ola familias:

   Unha semana máis dende a casa estamos a realizar recomendacións para os vosos xogos cos nenos. É moi importante dedicarlles un tempo de atención e xogo cos nenos, todos os días. Eles senten que son importantes cando preparamos actividades para eles. 
    As veces os materiais máis sinxelos e comúns resultan novos para os nenos e polo tanto atraen a súa atención. Neste caso imos aproveitar algúns materiais de refugallo para unha actividade de atención e motricidade fina.

    MATERIAL A EMPREGAR:
   - Bandexas plásticas dos alimentos, realizarémoslles uns buratos cun taladro ou un cravo quente.
   - Anacos de lá, ou cordel dunha medida aproximada de 40 cm. Para usalos necesitamos facerlle un nudo ben gordo nun extremo e  pegarlle un pouco celo no outro extremo.
    - Espaguetes ou palliñas.

    OBXECTIVO DO XOGO
    Os nenos han de introducir os fíos polos buratos das bandexas a modo de costura. O resultado ás veces é un zurcido moi bonito, outro é unha pequena lea pero o esforzo do neno/a sempre é moi interesante.  no caso de empregar os espaguetes ou as palliñas so se trata de introducilas polos buratos das bandexas a modo de bandeiriñas.
   Aí van unhas fotos para ilustrar o proceso:

Anaco de la ou cordel
Bandexas
Espaguetes e palliñas
        
 Resultado con espaguetes e palla
Zurcido final.
   Despois desta actividade tan concentrada podemos propor un baile animado. Este que vai a continuación xa estabamos a ensaialo na clase. Era unha posible actuación de cara á xornada de Fin de Curso. Podedes ensaiar cos nen@s na casa. É moi fácil. Axudádelle e así bailaremos todos xuntos cando volvamos á Escola!!!


mércores, 22 de abril de 2020

AULA ESTRELAS!!

Ola familias, desexamos que todos vos encontredes ben e con moitos ánimos.

Hoxe a nosa proposta para os cativos/as  é a seguinte: que vos parece ter de axudantes aos vosos pequenos? 
Estamos seguras de que a eles/as encantaralles facer convosco as tarefas do fogar: limpar, tende-la roupa, baleirar a lavadora, varrer, fregar....
Podedes animar aos vosos fillos a colaborar convosco nas tarefas diarias (sempre adaptándoas ao seu nivel de desenvolvemento): queres axudarme? queres facelo ti?
O importante é darlles a oportunidade de facelo. Deste xeito estaremos ofrecéndolles a nosa confianza  o que contribuirá a fortalecer a súa autoestima, sentíndose capaces e orgullosos tanto por realizar a tarefa en cuestión como de poder axudarvos.
É importante que lle ensinedes como facer as cousiñas, pero non corrixíndoos, xa veredes como pouco a pouco vano facer mellor.

Algunhas das tarefas cotiás que podedes compartir con eles son: varrer, fregar, rega-las plantas, cortar cun coitelo seguro algúns alimentos para face-la comida, tende-la roupa, baleirar ou encher a lavadora, seleccionar os cubertos, etc.




O conto que propoñemos esta semana é "Todo el mundo va" Coleccion Luciérnaga da editorial Edelvives.  Esta versión de Sara Iglesias é moi divertida, gústalles moito cando llo contamos-cantamos.


canción:

Por último, que vos parece se xunto cos pequenos facedes un sinxelo instrumento musical?




Imaxinades xa como vai a cousa: abrimos a caixa de queixiños, facemos un buratiño para pasa-lo mango da culler e a fixamos ao interior. Atamos os cordóns á culler e atamos as contas aos extremos. Por último cerramos a caixa con cinta adhesiva.
Para finalizar decoramos o noso instrumento con gomets, papeis de cores, teas....
Estamos seguras que lles encantará aos pequenos!!!

Para rematar, unha canción: "O tío Nicanor".
É unha canción moi alegre, que invita a bailar. Na letra aparecen numerosos animais que seguro non coñecen, podedes buscar imaxes destes animais e ensinarlles como son.


Ata a vindeira semana, moitos biquiños e abrazos
As profes
Lara e Andrea


martes, 21 de abril de 2020

AULA NUBES


Ola familias!

Arrancámo-lo día cunha serie de actividades que espero que vos sirvan de axuda para afrontar a semana.
Hoxe tráiovos unha idea para facer estampas. Tod@s temos pola casa tubos de papel hixiénico, pois ben, ímoslle dar forma de corazón, ovalada, redonda, cadrada... e coma si fosen selos despois de mollalos en pintura poderemos estampar auténticas obras de arte.





Aproveitando que estamos en primavera podedes recortar os rolos de papel con diferentes formas de flores e facer unha paisaxe de primavera.




Se queremos seguir con outra manualidade primaveral, podedes estampar utilizando flores naturais, mollámolas en pintura e estampamos nun papel ou cartolina, así teredes unha fabulosa obra de arte primaveral.




Por si non tedes pintura na casa aquí vos deixo un vídeo co que podedes vós facer a pintura na casa dunha maneira moi sinxela e con materiais que neste momento podedes ter pola casa ou ir a comprar.




Para esta semana escollín o conto "Frutas" da colección da "Do berce a lúa" da editorial Kalandraka.




A canción que propoño esta semana utilizámola na clase para xogar coas mans. Seguro que pasades un bo rato con ela na casa.




Nada máis por hoxe. Ánimo que xa queda menos. Vótasevos moito de menos. Un bico e ata a semana que ben.

luns, 20 de abril de 2020

AULA SOLES: RECURSOS MUSICAIS (arrolos e xogos musicais no colo)

Bos días familias! Como vades indo? Dende a Escola esperamos que todo estea o mellor posible e vos envíamos o noso ánimo. Para comezar coas propostas desta semana, dende a AULA DOS SOLES imos a falarvos da música e a súa importancia no desenvolvemento integral desde as primeiras etapas, e niso centraremos as propostas desta semana, nos recursos musicais para os máis pequenos.

Como ben é sabido, o mundo está rodeado de música e dádevos conta que dende o cuarto mes de xestación o feto escoita, e todos os afectos e emocións lle chegan en forma de son.

Os primeiros anos de vida son cruciais para establecer as conexións neuronais necesarias e a música é un elemento indispensábel para conseguilo. Ademais, a voz humana é o mellor instrumento que temos de maneira natural e xunto con arrolos ou xogos corporais, axudan ós bebés a conectar o son cos afectos e emocións e co mundo social.

A nosa primeira proposta, trátase dos XOGOS MUSICAIS DE COLO que se tratan  de cancións tradicionais con movementos, como facían as nosas avoas ou avós, que teñen como finalidade a estimulación musical pero tamén o establecemento de vínculos socioafectivos. 

Nos dous primeiros vídeos que veñen a continuación, amósanse cancións que podedes facer cós máis pequenos a modo de xogo. E seguidamente, nos enlaces que aparecen despois móstranse repertorios de máis cancións para podedes facer na casa, seguro que a maior parte delas as coñecedes de cando erades pequeniños.







Outro dos recursos dos que vos imos falar, son os ARROLOS. As cancións de berce, tamén chamadas nanas ou arrolos, son cancións con un ritmo moi tranquilo, suave e relaxante, que se empregan para arrolar a un bebé e para axudalo a durmir ou a tranquilizarse; e colateralmente tamén estimulan cognitivamente.Existen numerosos estudios que din qué o ritmo monótono das nanas é similar ós latidos do corazón e por iso relaxan e calman, así mesmo, a frecuencia cardíaca dos bebés diminúe mentres as están escoitando igual que o seu ritmo respiratorio.



Na aula dos SOLES empregamos recursos musicais para momentos de tranquilidade ou durante o sono. Unha mostra deles son os seguintes CDs: "Arrolos de Salitre" (Xabier Díaz e Guillerme Fdez.) e "Non hai berce coma o colo" (Kalandraka). Teñen cancións moi bonitas que serven de grande axuda e algunhas elas dos repertorios tradicionais, son unha ledicia!! A continuación os vínculos onde podedes atopar as cancións destes CD's:


CANCIÓNS DE ARROLOS DE SALITRE (todo o repertorio) e como mostra de unha delas:


E unhas das nosas preferidas, a canción do CD "Non hai berce coma o colo" que ten como título Arrolo de Domaio


Algunhas das cancións deste CD podedelas atopar no Youtube, ou ben na propia páxina da editorial Kalandraka (premendo no seguinte enlace: Vídeos musicais Kalandraka)


Agardamos que estas propostas musicais sexan de axuda e ofrezan un recurso de utilidade para vós no voso día a día nas casas. Ata a vindeira entrada, unha aperta dende aquí ata a lúa!!! BICOS

xoves, 16 de abril de 2020

AULA LUAS: XOGAMOS CON CAIXAS ,FOTOS DA ESCOLA, PRACTICAMOS PSICOMOTRICIDADE

Saúdos familias:

     Estamos a preparar máis suxestións de actividades para vos.

Nesta ocasión pensamos empregar como material básico as caixas de cartón que todos tiramos na casa e que poden ter aproveitamento nestes días. 

As veces os neno@s están cansos de ver tanto xoguete tirado pola casa. É moi útil retirar da súa vista algún xoguetes por un tempo e gardalos nun lugar non accesible para eles. Logo ir ofrecéndollos de novo, pasado un tempo. Seguro que o tratarán como un xoguete novo, con máis atención e emoción que cando están xa cansados de velos tirados polo chan.

Velaí vai un exemplo de dúas cousiñas para facer con caixas de cartón cos nosos nenos.





      Nunha actividade realizada na Escola pouco antes do confinamento empregamos dúas caixas a modo de lavadora e secadora. Estes dous materiais xunto cun cordel, pinzas de roupa e uns cantos retallos contribuíron a realizar unha sesión de xogo simbólico moi frutífera e divertida para todos. Ensinámosvos algunhas fotos:


O material é sinxelo

O xogo precisaba concentración

Algúns  buscaban axuda pero outros mantíñanse concentrados


 Ó rematar  recolleron a roupa tendida

      Para rematar esta semana podedes botarlle un ollo a este vídeo de actividades de psicomotricidade fina. Poden servirvos de modelo para algún momento cos vosos nen@s.






Unha aperta grande para tódolos nenos da Escola. Seguro que xa medrastes moito!!
Ata Pronto


AULA ESTRELAS!!

Ola familias! 
As mestras da aula das ESTRELAS sabemos que este mes está cheo de aniversarios! A maioría dos nen@s desta aula cumpren os seus 2 aniños nestes días. 
PARABÉNS para Andrea, Sofia G., Mario, Megan, Valentina, Malia, Lara e Claudia. 
Parabéns tamén para a profe Andrea V.!!!
Aproveitando isto, queremos dicirvos que unha das actividades máis enriquecedora e que máis lles gusta aos pequechos é axudar na cociña.
Propoñémosvos un biscoito sinxelo no que eles poden coñecer ingredientes polo seu nome, manipulalos e xuntalos nun bol para remexelos e posteriormente meter no forno.

Ingredientes: 
3 ovos
1 sobre de levadura 
1 iogur natural
3 vasiños de iogur de fariña
1 e 1/2 vasiño de iogur de adozante (pasta de dátiles, azucre, edulcorante...)
3/4 de vasiño de iogur de aceite (oliva suave, xirasol...)
Raspadura dun limón


Podedes cociñar ao ritmo da canción e conto de Cocorico que é un pitiño ao que lle gusta moito o biscoito!



Esperamos que vos saia moi ben e que o comades con moito gusto....ñam, ñam.....

Seguimos con outra idea que vos vale para facer na casa. So precisades de unha cinta (carroceiro ou americana), unhas mazás e un recipiente.
Pegades a cinta no chan facendo unha forma de árbore, colocades as mazás nas pólas e os peques terán que coller as mazás para o recipiente. 
Podedes aproveitar para repasar as cores das mazás, contar cantas hai, facer equilibrios para sempre pisar a cinta, probar con un pe so, inventar unha historia, o que se vos ocorra para pasar un tempo divertido en familia.
Deixámosvos un exemplo en forma de imaxe.




Tamén contarvos que na aula imos introducindo algunha canción en inglés para que pouco a pouco vaian interiorizando a existencia de outros idiomas. Sorprenderíavos o ben que a saben estes raparigos! Probade a poñerlle so a música sen imaxes e veredes o resultado!



Para rematar, ensinámosvos un conto que lemos habitualmente na clase e que coñecen moi ben!




Unha semana máis, desexarvos un bo confinamento. Que o levedes o mellor posible e esperemos que poidamos vernos pronto! 
Calquera dúbida ou consulta estamos dispoñibles nos comentarios do blog, no número de teléfono da Escola Infantil. 
As profes
Lara e Andrea
moitos biquiños

martes, 14 de abril de 2020

AULA NUBES

Ola familias! Dende a escola infantil queremos seguir estando o máis cerca que nos sexa posible de vós día tras día. Por iso outra semana máis dende cada aula estamos a aconsellarvos toda serie de ideas para que as poidades facer c@s vos@s cativ@s na casa.

Hoxe mostramos unha actividade coa que @s nen@s estarán moi  entretid@s, para iso tan só necesitades una peza de cartón e unhas poucas cremalleiras: pegar na peza de cartón as cremalleiras e teremos un fantástico panel onde @s cativ@s poderán gozar abrindo e cerrando.




Nestes días que estades pasando tantas horas c@s vos@s fill@s é un bo momento para traballa-la linguaxe. Unha das razóns principais polas que a linguaxe é importante nesta etapa de Educación Infantil é porque é durante estes primeiros anos de vida cando se adquire a capacidade de comunicarnos a través da palabra.

Aquí vos deixo un vídeo cunhas actividades que vos poden axudar.




Agora una canción sinxela e repetitiva coa que podedes traballa-la linguaxe como nos explica no vídeo anterior. "La vaca Lola".





E con este conto podedes traballa-las onomatopeas dos animais.


Espero que todos estes consellos vos sirvan de axuda. Moito ánimo e estarei pensando máis ideas de cara a semana próxima. Bicos



luns, 13 de abril de 2020

AULA SOLES- O CESTO DOS TESOUROS

Boas familias!!!

Dende a AULA DOS SOLES, propoñémosvos un recurso para os máis pequenos e co que eles gozan moito, o cesto dos tesouros. É unha proposta de xogo creada por Elinor Goldschmied (1981) que consiste en meter nun recipiente que teñades por casa (cesta, paneira, bandexa, caixa,...) unha serie de obxectos cotiás de diferentes materiais (madeira, metal, tea, da natureza,...). 

OLLO! Debedes ter coidado de non introducir cousas pequenas, con aristas, puntas, desmontables ou que sexan cortantes. Se lembrades a listaxe de material do cesto que se vos entrega ó comezares na escola, eses son os materiais que podedes empregar, se cadra aínda a tedes pola casa e podedes botarlle un ollo.

Senón deixámosvos ideas sobre que cousiñas podedes meter nos cestos: cunchas, pedras, buginas ou "caracolas",  piñas, esponxa natural, froitas (limón, laranxa, maza, coco, cabazas,...), culleres de madeira ou metal, caixas pequenas, pelotas de lá, cepillo de diferentes cousas (unllas, zapatos, dentes...),  moldes de galletas, xogos de chaves, latas cerradas con legumes dentro, maracas ou outros instrumentos musicais, funda gafas, moedeiro de tea ou metal, brochas (maquillaxe, repostería, pintura,...), tapas, coadores, anacos de teas, bolsas con herbas aromáticas, tubos de cartón (papel hixiénico ou de cociña), morteiro, tapas de tixolas, flaneira, botes de leite,… Poidendo ser evitar obxectos de plástico.

MULTITUDE DE OPCIÓNS COMO PODEDES VER, E O MELLOR, COUSIÑAS QUE SE TEÑEN POLA CASA.



Trátase de unha proposta de xogo libre, onde os que xa poden sentarse poidan estar ó carón do cesto. Pero para aqueles máis pequenos e que non se sentan por si mesmos, estes obxectos en vez de metelos nun cesto, os deixamos pola alfombra esparexidos, e poñemos ó cativo nela, con isto fomentamos o movemento libre e que a curiosidade os invite a moverse activamente polo espazo, estimulando movementos motores positivos para a súa autonomía.

Pin de AykaZayka Güney en Treasure basket | Lactante, Paneras ...

Primeros Juegos: el Cesto de los Tesoros

En definitiva, PARA XOGAR NON SE PRECISAN XOGUETES! Esperamos que vós guste esta proposta, no seguinte vídeo podedes ver un exemplo da actividade. Ata a vindeira entrada familias, moitísimos bicos a todos e cada un de vos!