xoves, 30 de novembro de 2017

Aniversarios de novembro. Parabéns rapaces!!!!

Este mes, soamente houbo aniversarios na aula das nubes. Os rapaces que cumpriron un ano neste mes foron: Lucas Míguez, Dalia e Martín. Como medran estes rapaces!!!






mércores, 29 de novembro de 2017

Aniversarios do mes de outubro! Moitas felicidades pequenos...


Este pasado mes de outubro estiveron de aniversario: Mateo e Noa, da aula das nubes, que cumpriron o seu primeiro ano. Por outro lado, Aisha que fixo os 2 anos na aula das lúas. 






Aniversarios setembro!!!!

Neste mes de setembro, período de adaptación á escola, houbo 6 aniversarios na Escola Infantil Municipal 0-3 de Meaño, tres na clase das nubes e outros tres na aula dos maiores, as Lúas.

Valentina, Manuel Lucas cumpriron o seu primeiro aniño, e por outra banda, Carme, Raúl Adrián celebraron os 2 anos. Moitísimas felicidades cativos !!!!!!!!!!!!!







xoves, 2 de novembro de 2017

SAMAÍN

Na aula das Lúas (2-3 anos),  dentro do noso Proxecto "Descubramo-lo outono", realizamos diversas actividades relacionadas coa celebración do Samaín:

PINTAMOS CABAZAS:  só necesitamos moita pintura amarela, unha chisca de pintura vermella e a remenxer...QUE SORPRESA!.

Vaciamos unha  "CABAZA XIGANTE" , para ver o que tiña no seu interior: cal era a súa textura, a que cheiraba, de que cor era... para logo terminar facéndolle unha cara TERRORIFICA!! (que non nos deu medo ningún, jajaja). 
Por certo, gardamos as sementes para que, cando chegue a primavera, poidamos prantalas e ter, o vindeiro curso, as nosas  propias cabazas.







O propio día, para celebra-lo Samaín, fixemos un taller de cociña moi TERRORíFICO:   "arañas peludas
 Gustounos moito todo, tanto facelas como COMELAS!!





 


  • Para remata-la xornada, tivemos un Contacontos de "Pouco medo": a aula case a escuras, a nosa cabaza iluminada, todo preparado  para que a profe Andrea contáranos un conto que nos gusta moito "Corre, corre, cabaciña".
          Logo cantamos cancións e pintamo-las caras. 
Foi  un día moi divertido!




os nenos e nenas da aula das estrelas tamén traballaron o Samaín e fixeron unha Meigas MOI MOI TERRORÍFICAS coa pegada das súas mans, ollade:








luns, 15 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CHARO PITA


Para celebrar o "Dia das letras galegas" contamos con Charo Pita, unha contacontos moi especial.
 Co seu espectáculo " o curral de cocoricoricoco"  fixo as delicias dos máis pequenos.
O espectáculo, cheo de recursos sonoros (cancións, rimas, instrumentos musicais orixinais...)  e visuais (bonecos, figuras, a súa propia linguaxe corporal..) e seguindo o fío dun fermoso conto, conseguiu capta-la  atención dos pequenos e pequenas,  arrincarlles os  sorrisos e a súa participación nesta inesperada sesión de contacontos.
Grazas Charo Pita, e un pracer contar contigo de novo!












xoves, 11 de maio de 2017

O DÍA DA NAI

I
Cada ano os pequenos da escola preparan un agasallo para as súas nais coa axuda das súas muestras.
Este curso pensamos en regalarlles un "pai pai" e decoralo con fermosas flores.
Coa pintura preparada e os seus pequenos dediños fomos pintando cada flor. 

O resultado foi moi fermoso e esperamos que lles gustara a tòdalas nais. Feliz día mamás❤❤❤❤









xoves, 20 de abril de 2017

ENTROIDO:NO MAR HAY MOITOS PEIXES....



Este ano o disfrace elexido foi o de peixe, foi un traballo laborioso (coma sempre, jajaja), pero pagou a pena.
Os nenos e nenas que rematan este curso o primeiro ciclo de Educación Infantil, os "maiores" saíron desfilar ata a alameda de Dena e pais, nais e familias puideron ver aos pequenos cos seus disfraces e ata sacarse fotos con eles.












xoves, 6 de abril de 2017

CARTEL DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS!!!


Desde a Escola Infantil 0-3 Municipal organizamos unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para que as nais e pais dos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos poidan coñecer as nosas instalacions e o noso proxecto educativo.
Esperamosvos a tódos (pais/nais cos seus pequenos/as) os dias:

11 de Abril de 10 a 11

12 de abril de 12 a 13



martes, 4 de abril de 2017

IMOS FACER PAN!!!





Hoxe os menos "maiores" da nosa escola (nados no 2015)  fixeron unha saida ata a Panaderia local, invitados amablemente polos donos do negocio.
Foi unha experiencia preciosa e os cativos disfrutaron moitisimo, amasar os seus propios boliños de pan que logo coceron naquel forno tan GRANDE foi XENIAL!!!