luns, 30 de maio de 2016

SEMENTAMOS

Coa chegada da primavera no cole estamos traballando o crecemento das plantas, como brotan, medran, o seus coidados...
Nós plantamos lentellas, enchemos de terra unhas macetas improvisadas e votamos as sementes.







Creceron moito grazas á dedicación e co cariño co cas coidamos.





Esta actividade é moi interesante xa que @s nen@s entenden o proceso e as partes que ten unha planta, ademais de motivadora, xa que se sinten responsables do coidado e o crecemento da súa propia planta.

luns, 9 de maio de 2016

PARA AS NOSAS NAIS

As saídas escolares son actividades académicas dun importante valor no proceso ensino-aprendizaxe, preténdese unir a aprendizaxe e a experiencia, establecer un vínculo entre a escola e o contexto que nos rodea. As saídas contribúen a un desenvolvemento pleno d@s alumn@s, tanto anivel educativo coma persoal.
 Chegou a primavera e nós seguimos co noso proxecto de coñecer mellor o noso pobo. Nesta ocasión tocoulle á " floristería Rosa", que abriu as súas portas para que @s nos@s nen@s puidesen coñecer cal é e cómo é a floristería do pobo.
 Como en tódalas nosas saídas, @s pequen@s esperan ansiosos comezar a aventura. Non tedes mais que ver as súas cariñas antes de comezar.




Ó chegar á tenda a súa dona, Rosa, ensinoulles  toda clase de plantas e flores: margaridas , gerveras, rosas, orquídeas..... Tamén puideron ver onde se conservan as flores fresquiñas, e como poden traballar con elas, os adornos que lles poñen.
Aproveitando a saída, coma ese fin de semana era o Día da Nai, mercamos uns ramiños con flor de orquídea que Rosa nos preparuo con moito gusto.



Cando nos íamos ir, Rosa tíñalles unha sorpresa para cada nen@, un caravel.


Rematou a visita e marcharon tod@s content@s con cadanseu caravel e cadansúa orquídea para as mamas.



Moitas grazas pola experiencia Rosa !!!!