luns, 7 de febreiro de 2022

Así celebrámo-lo Día da Paz e da non Violencia 2022

Na EIM do Concello de Meaño, como todos os anos, celebramos o 30 de xaneiro o Día da paz e da non violencia. Pero, queredes saber un pouco sobre a xurdimento desta celebración? 

Este día está dedicado a conmemorar unha cultura da non violencia e a paz nos centros educativos e elixiuse esta data concreta porque é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o líder pacifista da India que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica contra a inxustiza. A súa frase “Non hai camiños para a paz; a paz é o único camiño" converteuse no lema desta conmemoración. 

Trátase dunha xornada educativa fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal, como punto de partida e apoio á educación non violenta e pacificadora. Unha educación inspirada nunha cultura da non violencia e da paz permite que o alumnado adquira coñecementos e actitudes que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais. 

Na nosa Escola concretamente, coa colaboración das familias fixemos unha árbore de corazóns, decorados por eles e con frases ou palabras relacionadas có tema. Tamén na clase pintamos unhas pombiñas moi bonitas que logo fomos pegar e colgar no recibidor do cole e quedou precioso! 


 














venres, 4 de febreiro de 2022

Aniversarios xaneiro

Coa nova entrada do ano 2022, tivemos moitos aniversarios. Na clase dos soles, os máis pequenos, fixeron o seu primeiro ano: Izan, Dylan e Ariadna. Por outra banda, na aula das estrelas estivo Lucas de noraboa e na das lúas, Maruxa xa é maior, cumpriu 3 anos!!!!!!! PARABÉNS PARA TOD@S!!!🎉🎊🎂🎈🎂🎉🎈🎂🎊





Aniversarios decembro

Para despedírmo-lo ano, tivemos tres aniversarios na aula das estrelas ⭐🌟. Érik, Hugo e Borja fixeron dous aniños na Escola. E, como non, celebramos os aniversarios: cantamos, bailamos, debuxamos ó compañeir@s, lemos o conto do aniversario e fixemos e comemos a tarta! E na aula das nubes ☁☁ tamén houbo tempo para celebracións, Mauro fixo 1 ano, parabéns!!!





Mauro fixo o seu 1º aniversario, parabéns!