"Asoma o sol entre as nubes e as estrelas bailan coa lúa"
venres, 28 de decembro de 2018
Presentación da charla sobre coeducación
Neste mes tivemos unha charla ofrecida pola asistenta familiar do Concello en relación a importancia de ser responsables e fomentar nas casas a coeducación dos máis pequenos da familia. A continuación deixámosvos as imaxes da presentación da charla, para que lle botedes un ollo aqueles que non puidechedes vir.
Aniversarios decembro
Non queremos despedir o ano 2018, sen dar as nosas felicitacións ós cativos do mes de decembro. Parabéns Candela, Breixo, Sofía e Roi. Unha aperta e feliz ano!
NADAL 2018
Todos os anos dende a escola infantil municipal de Meaño intentamos involucrar ás familias e facelas participes en todo o relacionado có centro, neste caso coa celebración do Nadal. Este ano encargámoslles unha actividade para faceren en familia e deixar voar a imaxinación: decorar o nome do seu fillo/a como quixeran, para construir a Nosa arbóre de nadal.
Logo fixemos unhs regaliños cós cativos: unha postal que enviaron os maiores do colexio a Correos e un pequeno adorniño para as familias, feitos con moitísimo agarimo.
E como xa é tradición, Papá Noel visitou cada unha das aulas, deixándonos uns pequenos agasallos; pero non todos os cativos o recibiron cos brazos abertos, senón que algúns deles choraron e asustaron por mor daquel home tan estraño que nos visitou na escola.
Isto tan só é un bocadiño de todo o que aconteceu nesta marabillosa data de Nadal, por todo o demais, desde a Escola Infantil, DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTA E UN PRÓSPERO ANO!
luns, 3 de decembro de 2018
Magosto
En Novembro é tradición comer as castañas na festa do magosto. Na Escola celebramos o noso o venres 16 de Novembro. Antes de sair ó patio a comer castañas experimentamos na clase con elas, metémolas en botes, trasvasamolas, xogamos a encestalas, a tiralas,..As 12 da mañan xa cheiraba a castañas asadas no patio. Saimos os nenos maiores. Había sol, castañas, música e ganas de festa. Os familiares que puideron acompañáronnos a comer castañas
Gústanos moito cantar e bailar e esta que vai a continuación é unha das cancións que nos acompañou na festa. Preme na ligazón par escoitala
Magosto,magosto.
Gústanos moito cantar e bailar e esta que vai a continuación é unha das cancións que nos acompañou na festa. Preme na ligazón par escoitala
Magosto,magosto.
Na clase estivemos preparando o cartel para a festa |
Pintamos unha señora castaña ben grande para ambientar o msgosto |
Agachamos castañas dentro dos botes |
Era difícil desenroscar a tapa para ver as catañas |
Saímos ó patio co cesto que fixemos antes para levar as castañas |
Custou moito estonar as castañas para comer |
Preparamonos para bailar |
Foi unha experiencia agradable tanto para os nenos como para os adultos. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)