mércores, 29 de abril de 2020

AULA ESTRELAS!


Ola familias! 
Cada día que pasa é un menos, moitísimo ánimo!
Aproveitando que agora si podedes saír unha horiña cos pequenos propoñémosvos que observedes a natureza con eles, os cambios que houbo dende que non saiades, como creceron as follas das árbores e as flores nos campos, o son do canto dos paxariños que están pletóricos…
A primavera invádenos e estamos en época de plantar tamén. Nestas datas na escola acostumamos a plantar algunha semente e algunha planta para facer o noso propio horto. É unha actividade que lles gusta moito e que lles axuda a acercalos á natureza, a comprender o proceso do crecemento das plantas e sementes. Gústalles moito manipular a terra, regar as plantas e coidalas porque implícalle un grado de autonomía e responsabilidade.
Deixámosvos unha serie de fotos con ideas para plantar na casa.


                                              




E para os máis creativos e cun anaco de xardín na casa pois a deixar voar a vosa imaxinación! jeje...




Os que teñades horta pois aproveitade para facelos partícipes e levalos plantar con vós, que experimenten coa terra, que fagan buratos para plantar as hortalizas, que vexan como van medrando e os coidados que precisan.
Sen dúbida, vai ser unha aprendizaxe moi enriquecedora que lles servirá para ir adquirindo coñecementos sobre a natureza tan importantes. Saberán que as leitugas, tomates, berenxenas... non veñen do súper senón da terra.


                                               


Para acompañar estes momentos de plantar propoñémosvos algunha canción relacionada moi divertida!




Con esta última podedes plantar algún gran de millo e esperar a ver que pasa!


E para rematar, un contacontos moi divertido que se titula, "A horta de Simón",

e un conto que vemos na aula e gústalles moito!



Boa semana familias! Un abrazo moi forte!
Profes Lara e Andrea.







Ningún comentario:

Publicar un comentario