xoves, 30 de decembro de 2021

Aniversarios Novembro

No mes de novembro tivemos o aniversario de Carla, Lois e Nagore. E na Escola, non podíamos deixar pasar ese día tan importante para eles sen facer unha celebración. Cantamos o cumpleanos feliz, e os maiores, fixemos un biscoito, debuxamos e pintamos ó neno/a que estivo de aniversario e decoramos a nosa coroa ! 🍰🎈🎉 PARABÉNS PARA TODOS!!!



luns, 20 de decembro de 2021

O outono na aula das LÚAS

 Boas !

Por aquí deixamos atrás o outono pero non sen antes amosarvos algunhas das cousiñas que fixemos. No outono caen as follas, e como non, fixemos unha saída e divertímonos moito con elas ! Tirámolas polo aire, desfixémolas, escondémonos detrás delas... PASÁMOLO EN GRANDE !!


Tamén observamos que ademais de caer as follas, poden ser de moitas cores ! O outono múdaas de cor, e hainas vermellas, laranxas amarelas, por iso fixemos a nosa propia árbore, un segredo, o tronco da árbore é a nosa man e brazo !


E sabedes que vimos tamén propio do outono? Os froitos, hai unha chea deles, grandes/pequenos, de cores diversas,... algúns coñecíamolos pero outros eran descoñecidos para nós. Tocámolos e comémolos !


Tamén xogamos co millo, que estamos seguros de que o Polo Pepe lle encanta !





E tamén, fixemos unha FESTA ! co que nos gustan a nós as festas, esta era o MAGOSTO ! Pero todo ten uns preparativos, polo que tivemos que pintar a Doña Castaña e facer as nosas cestiñas.




E como non podía ser menos, tamén celebramos o Samaín, as curuxas, as cabazas, os morcegos, as arañas, todos nos acompañaron !






E ata aquí o OUTONO ! Espero que desfrutásedes tanto como nós !


Unha aperta moi forte !!

venres, 10 de decembro de 2021

AULA "SOLES": BOTES SENSORIAIS

 


I¿QUÉ SON ?  ¿PARA QUÉ EMPREGAMOS AS BOTELLAS SENSORIAIS?


 


As botellas sensoriais son un  preciado material de estimulación . 

Trátase de botellas ou botes transparentes, xeralmente de plástico, que se enchen con obxectos ou materiais diversos para estimular sensacións cando se movan.

Os obxectivos que se pretenden co seu uso son entre outros:

  • 1.     Estimular os sentidos en xeral, grazas as súas diferentes caracterísiticas en canto a formas, cores, pesos, volúmenes, etc. 
  • 2.    Estimular visualmente ao neno/a favorecendo o seguimento dos obxectos en movemento.
  • 3.    Mellora-la súa atención
  • 4.    Estimular a curiosidade, o interese, a exploración.


COMO XOGAN OS NENOS/AS CON ELAS?

Os pequenos manipulan libremente as botellas e fannas xirar, voltear, arrastrar, apilar, etc e tamén observan o seu interior no que hai obxectos de todo tipo.

 COMO SE FAN?

É moi sinxelo:

Para facer botes ou botellas  sensoriais, necesitamos envases transparentes: botellas, tarros, frascos, normalmente  de plástico, aínda que poden ser tamén de vidro ou cristal groso.

Os frascos ou tarros de vidro ou cristal tamén  requiren maior supervisión por parte dos adultos aínda que é moi recomendable o seu uso xa que ofrecen aos pequenos outras sensacións auditivas diferentes cando rebotan os obxectos que conteñen.

O tamaño dos envases non deberá ser moi grande, xa que as súas mans son pequeniñas.


Nestas imaxes vemos a ARIADNA e DYLAN sostendo o bote máis pequeno de todos!!!






Son infinitas as posibilidades para facer botellas sensoriais, tanto en seco coma con líquidos no seu interior:.

Podemos empregar obxectos de todo tipo, so teñen que coller polo bico da botella:

  • Naturais coma landras, abelás, folliñas de árbores, anacos de cortizas, froitas desecadas, , legumes, pedriñas, cunchas pequenas, etc.
  • Obxectos que temos pola casa como clips, gomiñas do pelo, botóns, papeis diferentes, pompóns, tapóns...


Para os botes que conteñan líquidos podemos empregar aceite de bebés, auga, gomina para o pelo e podemos tinxilos con colorantes. 

É moi interesante a combinación de líquidos con distintas densidades, xa que ao mesturarse crean efectos moi  atractivos.

Por último é importante selar ben as botellas para o seu posterior uso!

Mirade  que ben o pasaron: 













Coma sempre, grazas pola vosa colaboración!!!!



luns, 29 de novembro de 2021

Día internacional da Infancia e da Non violencia de xénero

Dende a Escola Infantil Municipal de Meaño celebramos dúas das conmemoracións recollidas no calendario escolar e que para nós son moi importantes, o Día Internacional da Infancia e a Non violencia de xénero. 



xoves, 25 de novembro de 2021

AXUDAS A NATALIDADE DO CONCELLO DE MEAÑO

 


AMODIÑO, AMODIÑO COMA O CARACOL DO XARDÍN IMOS ANDANDO NA AULA DAS NUBES

   Recordando o conto "QUE SUSTO " da editorial OQO, na aula das Nubes imos avanzando amodiño, amodiño, gozando co paseo. Neste tempo de outono procuramos pór os nenos en contacto con elementos do entorno propios da estación. As follas secas, as cabazas, os caracois, as piñas, as castañas, son obxectos moi sinxelos para amosarlle ós nen@s. Na aula fixemos experimentos  coñecendo, ou polo menos manipulando , as cousiñas do noso Outono.


   

     Todo ten un risco e ademais da experimentación temos que ter en conta a seguridade e deixar que os nenos toquen pero coidar que non se fagan daño. 

     As follas secas son todo un conxunto de sensacións.A cor castaña, a textura, os sonidos que producen, a textura a o rompelas , con este material tan sinxelo e natural sempre temos a atención dos nenos garantida. Animádevos a dar un paseo polo monte ou polo parque cos nen@s e deixar que toquen as follas.



    Coas teas tamén é moi doado presentar un escenario de xogo diferente e ben atractivo. Xogar ó cu cú, agora estou , agora non estou axuda a potenciar a curiosidade e a exploración do entorno. Para estes pequenos resultou moi intersante. Haberá que repetir.




     Con obxectos comúns  como as botellas de auga valeiras  elaboramos unha chea de estímulos sensorias  diferentes para os nen@s. Proporcionan diferentes sonidos, efectos visuais , teñen diferente peso... Son unha oprtunidade de experimentación que na aula das Nubes están aproveitando ben


                

      Rematamos este pequeno "paseo polo xardín" da nosa aula.  Este tamén é unha das frases do mesmo conto que se citou ó principio:" QUÉ SUSTO" da Ed. OQO. Podedes botarlle unha ollada a este libriño tan bonito e contárllelo aos vosos pequenos e pequenas.

    Outra recomendación moi atractiva neste momento para os nen@s é  o libro do " O POLO PEPE" de N. Denchfield e A. Parker , Ed. SM. Este libro infantil é un clásico que seguro coñecedes, pero por parte dos nenos segue a ter moito éxito. 

ANIMADEVOS A LER COS VOSOS NEN@S. 

  

         


mércores, 10 de novembro de 2021

Comeza o outono... qué divertido!

Xa pasou un mes dende a anterior entrada, e incríbel canto cambiamos. Seguimos medrando paseniño, pero sen pausa, cómo nos gusta a nós facer as cousiñas. Estamos moi tranquilos e gozamos de todas as propostas da clase e da Escola. Empezou o Outono e con el, múltitude de experiencias das que lle sacamos o máximo partido, xa que é unha das nosas estacións predilectas. Encantanos cantar cancións sobre o tema (p.e. O outono xa chegou de Uxía Lambona, ou ben, "El viento del Otoño"), tamén explorar e probar elementos e froitos típicos, entre outras.  Até incluso ós nenos que marchan o ano que ven saíron o contorno á experimentar e observar os efectos desta estación.

Como non, nesta estación ten lugar o Samaín... qué medo!! Traballamos o vocabulario, pintamos (cabazas, morcegos, pantasmas,...), contamos contos do Samaín ás escuras e xogamos coas lanternas. Agardamos que gocedes do vídeo!🍁🍁🍁🍂🍂🍂


venres, 5 de novembro de 2021

ANIVERSARIOS DA AULA DAS LÚAS

    

    O curso comezou e xa celebramos unha chea de aniversarios na aula das LÚAS ! 

 Azahara, Leo e Lara estiveron de aniversario no mes de setembro, pero é compricado facer unha celebración durante o periodo de adaptación, polo que os celebramos no mes de outubro, non podíamos deixar pasar ese día tan importante para eles. 

 Cantamos o cumpleanos feliz, fixemos un biscoito, debuxamos e pintamos ó neno que estivo de aniversario e como non, fixemos a coroa ! 🍰🎈🎉

             PARABÉNS PARA TODOS!!!
FELICES 2 ANOS !!

xoves, 28 de outubro de 2021

ANIVERSARIOS CLASE DAS NUBES

 ANIVERSARIOS NA CLASE DAS NUBES NO MES DE SETEMBRO E OUTUBRO

 

     Co comezo do novo curso 2021-2022 na clase das NUBES atopámonos cunha chea de aniversarios.🎉🎉🎇🎇🎇🎇 Varios amigos celebraron o seu primeiro aniversario no mes de setembro e outubro. Resulta moi difícil facer unha celebración durante o periodo de adaptación . Aínda así non quixemos deixar pasar ese día tan importante para nenos e familias sen un detalle especial. A coroa de aniversarios serviunos de atrezzo para unha foto de recordo. Cantamos o cumpleanos feliz e aplaudimos moito. Co paso das diferentes celebracións de todos os compañeir@s os neno@s irán entendendo  o significado da celebración

 PARABÉNS PARA TODOS 

NORABOA THAIS!!💖💖

 

 
                        
                  A SIMÓN GUSTOULLE MOITO A COROA

                   
                               

1 ANO PARA JOEL!!

 

    

    
          O SEÑOR OSO ACOMPAÑA A LEO 

 

     
ADELA SÍNTESE MOI BEN COA SUA COROA E
CO SEU PRIMEIRO ANO. 



 
                     
                  IRIS NON ENTENDE MOI BEN QUE PASA. 
ALEGRÍA GUAPA!!

               


Gústanos moito as celebracións e a alegría que compartides con nos na Escola.

Gracias e Noraboa a todos os premiados con este primeiro ano.

venres, 22 de outubro de 2021

AULA DAS NUBES 1-2 ANOS

     A aula das NUBES da  Escola Infantil está a iniciar un curso novo. Algúns nenos xa coñecen o Centro do curso pasado pero outros están a vivir esta nova experiencia. O proceso de adaptación á Escola precisa de paciencia e tempo. Para algúns nenos resulta máis fácil que outros. Durante estes primeiros meses buscamos coñecernos todos e adaptarnos mutuamente para poder estar mais tranquilos e contentos. 

    Estamos a experimentar cos xoguetes , con obxectos, con espacios e incluso cos outros nen@s. Precisamos instaurar unhas rutinas e uns novos ritmos de xogos, descansos, hixiene , sono que faciliten o  xogo e a actividade no Centro. 

    Estamos despegando esta viaxe todos xuntos: profes e nen@s . Seguro vai ser divertida. 

    Ensinámosvos algúns exemplos das actividades que estivemos realizando.

O xogo e a exploración individual é moi importante





                          


Pero tamén empezamos a "relacionarnos "con outros compañeir@s





Por momentos comezamos a atender a un conto nun grupo grande



Esperamos que sigades a nosa viaxe  durante este curso na Escola. Seguro que vai ser entretida e interesante. 
Ata pronto