luns, 4 de maio de 2020

AULA SOLES- Como facer móbiles doados na casa?

Bos días familias!! Esperamos que todos puiderades celebrar o Día da Nai da mellor maneira posíbel. Dende a CLASE DOS SOLES, propoñémosvos varias cousiñas que son moi útiles para estes pequenos, coas suxestións que facemos poden gozar moito. Como puidestes observar nunha maioría das entradas, están focalizadas ó desenvolvemento sensorial, xa que nestas idades é un dos piares fundamentales para o seu desenvolvemento temperá.

Queremos falarvos dos MÓBILES. Estes obxectos axudan a desenvolver o seu sentido da observación e a súa coordinación óculo-manual, ademais tamén contribúen á estimulación sensorial e serve como elemento de calma (p.e. para conciliar o sono). As propostas con elementos cotías que se poden ter por casa son as seguintes:

23 manualidades de otoño bonitas y fáciles para hacer con los niños

Cómo hacer un móvil casero para la habitación del bebé - Menudos Bebés





Como vestes, hai unha morea de opcións para facelos: goma eva, CDs vellos, feltro, cartolinas, pompóns, elementos naturais (piñas, castañas, paos,...), madeixas de lá, contas de madeira, ... DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN. Só tede en conta que se o poñedes ó seu alcance, sexan obxectos grandes e non perigosos de atragoamento.

Isto é todo por hoxe prezadas familias, ata a próxima entrada. APERTAS XIGANTES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario