martes, 26 de maio de 2015

VISITAMOS O CEIP DE COIRÓN (DENA)

O pasado 29 de abril, os nen@s que rematan este curso o primeiro ciclo de Educación Infantil foron, acompañados polas súas mestras, visitar outro dos poosibles colexios onde poderán matricularse o vindeiro curso 2015-2016.

mércores, 20 de maio de 2015

"ONDE VIVEN OS MOSTROS", SESION DE CONTACONTOS DA MAN DE SHEREZADE BARDAJI

Onte pola mañá, tivemos o pracer de disfruutar dunha sesión de contacontos na nosa escola, da man de Sherezade Bardaji.
A contacontos preparou o ambente: luz calida, colchonetas por todo o espazo, instrumentos, sombras de cores, todo indicaba que os nenos e nenas ían desfrutar.


Os pequenos comezaron a chegar e ben sentadiños esperaron pacientemente a que comenzara o espectáculo.




e pronto empezaron a aparecer as personaxes: a princesa Marta, o sol, a nube... e, claro está, os monstros.
Estes monstros eran tan especiais que ata vivían nunha maleta: un dos monstros so comía froitas de cor vermella, outro era o monstro das cóxegas....
Xogando con luces e sombras de cores, pequenos instrumentos, divertidos monstros, Sherezade conseguíu que todos estivesemos ben atentos e desfrutaramos dunha historia sinxela pero moi fermosa.








GRAZAS SHEREZADE!!!



EXCURSIÓN AOS MUÍÑOS DE LORES 2

Logo  de ver o funcionamento dun  muíño, como a auga movía a roda e moía os grans de millo, fomos repoñer forzas



E, a continuuación a actuación do "Home orquestra Ce-pantasma. Foi divertidísima e todos, maiores e cativos pasámolo en grande.










Cantamos e bailamos cancións máis ou menos coñecidas, pero o artista conseguiu que todos participaran, foi realmente divertido!!!.

luns, 18 de maio de 2015

EXCURSION AOS MUÍÑOS DE LORES

O pasado venres todos os nenos e nenas da Escola Infantil que rematan este curso o primeiro ciclo da Educación Infantil, foron coas súas mestras e educadoras de excursión aos Muíños de Lores. Grazas ao CEIP “As Covas” de Meaño que nos invitou a compartir unha actuación moi divertida do Home Orquestra Ce-pantasma.

mércores, 6 de maio de 2015

CHARLA ANA ALONSO (8/4/2015): "COMO HACER PARA QUE LOS NIÑOS/AS OBEDEZCAN"


Ola a todos, este video inclue parte da charla da Educadora social, Ana Alonso, que se celebrou na nosa escola o  día 8 do mes pasado. Ten formato de video ainda que orixinalmente tratábase dunha presentacion en Power Point. Amañamos deste xeito o documento para poder subilo ao blog, xa que non nos permite naqueloutro formato. Co rato podedes ir pasando as páxinas e ir lendoas ao voso ritmo. 

Aniversarios de Abril!!! Parabéns


Mara, Nerea Muñiz e Nuria (aula das "Nubes") cumpliron xa dous aniños e Uxía Nogueira e as xemelgas Iria e Uxía Padín tres anos xa. Parabéns para todas elas!!!.

venres, 1 de maio de 2015