sábado, 15 de outubro de 2016

Festa da Vendima

FESTA DA VENDIMA – 30 DE SETEMBRO

         Durante o mes de  setembro estamos acostumados a ver como no noso entorno se realiza a recollida da uva. É un traballo intenso no que casi todos colaboramos de forma directa ou indirecta. Na nosa escola fixemos unha reproducción dalgúns dos pasos necesarios para a vendima e posterior elaboración do viño.
Entre os obxectivos buscados con esta experiencia están o recoñecemento e simulación dentro da escola deste traballo que moitos  observan nas súas casas, a manipulación directa das uvas como experiencia sensorial e manipulativa e o disfrute xeral coas actividades que se presentan.
Todos participamos desta festa, pero tendo en conta que algún nenos  aínda están adaptándose  á escola, foi a aula das Lúas a que tivo maiores experiencias no “sector vitivinícola”.
As familias nos proporcionaron as uvas, pero os nenos tiveron que volver a recollelas na nosa "parra" especial. Tiveron que probalas para comprobar que  estaban doces. Despois vacialas nas cubas para ó final esmagalas cos pés. Saíunos un zume de uva un pouco estraño. Como os nenos pequenos non toman viño rematamos aquí a nosa faena.

Primeiro recollemos as uvas. Estaban un pouco altas.!

Algunhas uvas caían no chan e era moi divertido.

Esta viña non tiña follas, pero nos trouxémolas á clase

Precisamos axuda para recoller as uvas na nosa caixa multiusos.

Son poucas pero están moi boas.

Si, están doces pero teñen pelicas e pel.

Agora hai que vaciar as uvas na cuba.

Precisamos moitas uvas. Todos axudamos.

Descalzos fomos turnándonos para meternos na cuba
É un traballo divertido,...

...pero necesita concentración.

O traballo de decoración tamén  foi importante.
O pincel é divertido pero o dedo é millor.

Pintamos de cor amarelo para facer uvas brancas


Os máis pequniños tamén participaron da vendima. 

Había uvas grandes e pequenas, blancas e tintas.

Houbo que probalas , saborealas , esparcilas, ...
Non quixemos avanzar máis pois a nosa bodega non daba para a fermentación do mosto. Ademáis  os máis maiores xa sabían que os nenos non toman viño:
-Viño,aaagghh, Qui  azco!!!. comentaba un neno.

                                 ATA A PRÓXIMA.

mércores, 5 de outubro de 2016

NOVO CURSO!!!


Xa vai alá un mes dende o inicio deste curso 2016-17 e pouco a pouco imos superando obstáculos:  período de adaptación, novas rutinas, novos compañeiros, novos espazos...