venres, 28 de febreiro de 2020

FESTAS DE ANIVERSARIO EN FEBREIRO

MOITOS PARABÉNS PARA IRENE E MARCO!!!

         En febreiro dous amigos da clase das Lúas cumpriron tres anos, IRENE e MARCO.
         Para os dous fixemos a nosa festa de celebración  do aniversario. Elaboramos o biscoito , a coroa e debuxamos a silueta de cada anfitrión.
          Xa son todos uns expertos, sobre todo no biscoito, 😋😋.






      Irene e Marco son dous amigos que levan xogando na nola Escola dende bebés. Coñecen todos os espacios e rutinas perfectamente.
 Noraboa campións. 
A seguir xogando.

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visita das familias á Escola



    TALLERES COAS FAMILIAS

     As visitas das familias á Escola estan resultando moi enriquecedoras. Os nenos están moi contentos e nerviosos ante a chegada dos seus pais á clase. Cada un manifesta a súa emoción de xeito diistinto. As educadoras estamos igual de emocionadas coa chegada dos papás á clase, tentamos axudar e tranquilizar ás familias para que todo vaia moi ben. 
        As familias que recibimos ata o de agora realizaron uns talleres moi interesantes. Parece que a experiencia está a gustar a todos. Sorpréndese a veces da actitude dos nenos na clase, e observan como se leva a dinámica diaria da clase

         Durante o mes de Xaneiro recibimos á catro familias:

         Coa nai  de Ángela elaboramos un caracol cunha masilla especial que endurecía co aire



Taller da mamá de Ángela

         Cos pais de Anxo fixemos globofexia e xogamos coas figuras de globos


Taller cos pais de Anxo

          A irmá de Zoila trouxonos ó coello Roqui
O coello Roqui saiu da xaula pero pouco tempo
         Os pais de Anibal elaboraron un circuito psicomotor moi entretido.
Taller cos pais de Anibal

    MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!!!!!