mércores, 10 de febreiro de 2021

UNHA MOREA DE CORAZÓNS POLA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

O primeiro, agradecer a colaboración de tódalas familias contándonos "QUE SIGNIFICA A PAZ PARA VÓS".

Na Escola facemos murais moi coloridos para celebrar este día, xa que para nós a paz na infancia é cor, diversidade, alegría, esperanza e queremos plasmalo sempre deste xeito:

venres, 5 de febreiro de 2021

ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO

     No mes de  xaneiro deste 2021 tan "peculiar" para todos, só celebramos na Escola  unha festa de aniversario.

      É a festa de Lucas na aula dos SOLES.  Cumpre  1 ano, unha gran celebración para este neno. O primeiro aniversario!! . 

                                                Parabéns para él e para a súa familia