xoves, 30 de novembro de 2017

Aniversarios de novembro. Parabéns rapaces!!!!

Este mes, soamente houbo aniversarios na aula das nubes. Os rapaces que cumpriron un ano neste mes foron: Lucas Míguez, Dalia e Martín. Como medran estes rapaces!!!






mércores, 29 de novembro de 2017

Aniversarios do mes de outubro! Moitas felicidades pequenos...


Este pasado mes de outubro estiveron de aniversario: Mateo e Noa, da aula das nubes, que cumpriron o seu primeiro ano. Por outro lado, Aisha que fixo os 2 anos na aula das lúas. 






Aniversarios setembro!!!!

Neste mes de setembro, período de adaptación á escola, houbo 6 aniversarios na Escola Infantil Municipal 0-3 de Meaño, tres na clase das nubes e outros tres na aula dos maiores, as Lúas.

Valentina, Manuel Lucas cumpriron o seu primeiro aniño, e por outra banda, Carme, Raúl Adrián celebraron os 2 anos. Moitísimas felicidades cativos !!!!!!!!!!!!!







xoves, 2 de novembro de 2017

SAMAÍN

Na aula das Lúas (2-3 anos),  dentro do noso Proxecto "Descubramo-lo outono", realizamos diversas actividades relacionadas coa celebración do Samaín:

PINTAMOS CABAZAS:  só necesitamos moita pintura amarela, unha chisca de pintura vermella e a remenxer...QUE SORPRESA!.

Vaciamos unha  "CABAZA XIGANTE" , para ver o que tiña no seu interior: cal era a súa textura, a que cheiraba, de que cor era... para logo terminar facéndolle unha cara TERRORIFICA!! (que non nos deu medo ningún, jajaja). 
Por certo, gardamos as sementes para que, cando chegue a primavera, poidamos prantalas e ter, o vindeiro curso, as nosas  propias cabazas.







O propio día, para celebra-lo Samaín, fixemos un taller de cociña moi TERRORíFICO:   "arañas peludas
 Gustounos moito todo, tanto facelas como COMELAS!!





 


  • Para remata-la xornada, tivemos un Contacontos de "Pouco medo": a aula case a escuras, a nosa cabaza iluminada, todo preparado  para que a profe Andrea contáranos un conto que nos gusta moito "Corre, corre, cabaciña".
          Logo cantamos cancións e pintamo-las caras. 
Foi  un día moi divertido!




os nenos e nenas da aula das estrelas tamén traballaron o Samaín e fixeron unha Meigas MOI MOI TERRORÍFICAS coa pegada das súas mans, ollade: