mércores, 1 de abril de 2020

Aula das ESTRELAS


Ola familias da clase da ESTRELAS!!!
Como o levades? Somos as mestras da aula da ESTRELA e queremos transmitirvos moita calma e paciencia para que vos sexan máis liviás os días! Moito ánimo!
Queremos ensinarvos algunha actividade cotiá que facemos na aula que podedes por en práctica na casa e así ter máis recursos para entreter aos vosos pequechos!
Para comezar poñémosvos un enlace dunha canción que cantamos a diario na aula e que lles gusta moito:
Preme no enlace:   HOLA, HOLA 




Adaptamos unha chisca a letra da canción, así que deixámola transcrita:
Hola, hola, para ti y para mi,
Hola, hola, este canto comienza así,
despacito, más ligero, me lo pongo de sombrero,
se me cae, lo levanto y así termina el canto!

Para seguir, aconsellámosvos facer unha actividade máis de concentración nas horas da mañá que están menos cansos. Podedes preparala con eles.
Consiste en buscar un bote  que teñades pola casa con tapa de plástico (de leite de fórmula, de cacao, etc.) e facerlle uns buraquiños á tapa acordes con outros obxectos que teñades pola casa para inserir (depresores, soro monodose, boliñas de papel, corchos.... aquí liberade á vosa imaxinación). Ao rematar terán que inserir os obxectos dentro do bote polos buraquiños.




Esta actividade axudaralles á concentración, a desenvolver a psicomotricidade fina, a  facer a pinza cos dedos índice e polgar, a destreza óculo-manual.

Outra actividade que lles gusta moito é todo o que sexa relacionado co movemento (psicomotricidade grosa). Pola casa podedes montar circuítos con cadeiras, mesas, coxíns para que suban e baixen, se agachen, salten...



Parécenos importante, buscar momentos de calma e tranquilidade, propoñémosvos a visualización dun video no que se traballa a relaxación e a respiración. Facémolo na aula de psicomotricidade e van interiorizando estas rutinas despois das sesións de xogos e movementos. Votádelle unha ollada e intentadeo, pode ser que a primeira vez non resulte pero intentádeo.
Preme no enlace:SALUDO INICIAL




Para rematar,  e non barullarvos con moita información deixámosvos un conto que sabemos que lles vai a encantar!




Podedes ollar estes días o blog, xa que todas as mestras imos publicar un día a semana e pódenvos valer as propostas das outras aulas como ideas tamén.
Coidádevos moito, moito ánimo e un abrazo moi forte para os pequechos que os botamos moito de menos!
Para a semana máis.



UN ABRAZO E MIL BICOS!!!!!

LARA E ANDREA VALLEJO

Ningún comentario:

Publicar un comentario