luns, 27 de abril de 2020

AULA SOLES- elaboración de xogos para os máis pequenos e libros de balde

Bos días familias!!!!! 

Xa queda menos... Esperamos que todos vós o levedes ben. Esta semana a proposta que se vos fai dende a AULA DOS SOLES, para os máis pequeniños, trátase da elaboración de xogos ou recursos sensoriais que podedes facer na casa sen dificultade aproveitando cousiñas que teñades para que os vosos fillos/as poidan xogar e aprender ó mesmo tempo. Seguro que moitas delas xa as vístedes no cole e os cativos gozan moito con elas.

En primeiro lugar, as botellas ou bolsas sensoriais. Tanto nunha como noutra podedes empregar os mesmos elementos para facela, simplemente cambia o modo de presentación. Podedes facelas atendendo ás cores ou libremente como queirades. Esta proposta pretende estimular os seus sentidos, tanto a vista coma o oído ou o tacto (no caso das bolsas).



















Para as BOTELLAS é preciso: unhas botellas a poder ser non moi grandes e transparentes, que se poden encher con auga, aceite ou xel de ducha e tinguir con colorantes alimenticios. É importante cerralas ben, con silicona quente na tapa ou ben outro tipo de pegamento que non faga que se abran. Nelas podedes engadir: estrelas, pasta, gomas do pelo, pezas, palliñas, arroz, ollos, pinzas, purpurina, legumes, area, plumas, contas, botóns, pompóns, clips, depresores, follas,... DISPOÑEDES DE MOITAS OPCIÓNS COMO XA VEDES! A continuación deixámosvos un vídeo onde podedes ver como se fan. 



No caso das BOLSAS SENSORIAIS, os elementos que podedes meter son os mesmos, simplemente cambia o recipiente, que neste caso empregarase bolsas herméticas con zip e cinta adhesiva para poñer e protexer nos seus laterais (como podedes ver na foto). No seguinte vídeo explícase como facer estas bolsiñas de modo fácil, aínda que podedes atopar moitos máis recursos na web.


E a última proposta é ben doada, chámase a CAIXA DAS TEAS. Para realizala só necesitaredes unha caixiña ríxida de toalliñas (como a que trouxesdes ó cole) ou unha caixa de zapatos, ou ben un bote de leite, e anacos de tea de diferentes cores e texturas.  Trátase dunha proposta moi boa para traballar a psicomotricidade fina e as relacións causa-efecto nos máis pequenos. Se queredes cerrar a caixa ou o bote podedes empregar cinta adhesiva. 

Materiales para jugar (I) – Las telas














5 actividades para estimular a tu bebé en casa. – Mami, Mi Maestra


Antes de rematar, queremos recordarvos que esta semana é a SEMANA DO LIBRO, por iso dende a Escola Infantil Municipal 0-3de Meaño deixámosvos os enlaces a plataformas que ofrecen libros gratuítos durante o confinamento, é unha idea xenial e apta para todos os membros da familia xa que hai unha grande variedade de libros. Botádelle un ollo ós 3 enlaces seguintes e gozade da lectura de balde que nos ofrecen. 
Childs libro de cuentos | Vector Gratis




Ata a vindeira entrada, moitos bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario