xoves, 9 de abril de 2020

AULA LUAS 2-3 anos, colaxe, xogo de dedos "Pica piedra" e Castelo Máxico".

     Ola familias :

     Seguimos o confinamento nas nosas casas. Xa estamos en Semana Santa, aínda que parece  que os días se nos confunden un pouco. Non atopamos diferenza entre esta semana e as dúas anteriores.  Dende a escola seguimos a pensar nos nenos e nas familias e queremos facilitarvos recursos que poidades empregar nas vosas casas. Cremos que xa estades a preparar cousiñas para os vosos nenos. Algunha actividade  seguro que coincide coas que propoñemos.


      Como primeira suxestión para @s neno@s temos a elaboración  dunha Colaxe. Trátase de recortar anaquiños de papel pequenos cos dedos, con axuda se é preciso, e logo pegalos con pegamento sobre un debuxo que lles guste. Por exemplo un coello,  unha nube ou un elefante. O importante é transmitirlle ilusión por realizar a colaxe para observar o resultado final. Podemos motivalos asegurándolles que o rematar faremos unha foto para ensinarlle ós avós, ou a algún familiar con quen nesta época de confinamento  non convivamos.

    Estes dous debuxos poderían servir como exemplo.Só se trata de debuxalo tamaño folio e proporcionarlles aos nen@s papeis e pegamento de barra. É unha actividade moi tradicional, pero moi útil para a motricidade dos nenos, para o mantemento da atención, e para o desenvolvemento da autonomía individual. Usar o pegamento de barra é moi motivador, fai que se sintan moi maiores. Pero non podemos perdelo de vista porque son pequenos e poden facer un desastre ...  😃   😜 !!!

Mariposa #111 (Animales) – Páginas para colorearGalería de imágenes: Dibujos de peces



     

        Un xogo de dedos que xa faciamos na clase pode ser un boa actividade para centrar a atención d@s nen@s cando están un pouco nerviosos. Na escola copiámolo do vídeo que vai a continuación. Chámase PICA PIEDRAAdaptámolo ó nivel de 2-3 anos, isto é, facémolo moi lento para asegurarnos que seguen a retahíla. Este é só un exemplo. A dinámica dun xogo de nenos sempre é a mesma: sentarnos fronte ó neno, e dicir canción ou poesía asegurándonos que @ nen@ nos imita. 


   


        O Castelo Máxico  é unha idea moi coñecida que pode que xa empregarades na casa. Trátase de construír un refuxio, casiña, ou cabana nalgún lugar da vosa casa. Pode ser o salón ou unha habitación. Aproveitamos sabas ou as mantas como cubertas  e cadeiras e outros mobles como piares desa construción. É moi importante implicar ós nen@s no proceso de montaxe para que se sintan protagonistas. Para que resulte máis fácil elaboramos un vídeo onde se presenta a montaxe deste Castelo Máxico.


         Ata pronto, amigos

Ningún comentario:

Publicar un comentario